jueves, 22 de diciembre de 2016

Risoterapia

E por fin chegou o gran día, a nosa representación teatral que levamos preparando estes meses. O último día de clase deleitamos os nosos compañeiros ca obra "Risoterapia", que representamos no Pazo da Cultura de Carballo. 

Foi todo un éxito entre os nosos compañeiros!


lunes, 12 de diciembre de 2016

Terceira xuntanza do grupo “Merlín e familia”

“este es mi libro y estoy escribiéndolo con mi propia mano”

Así iníciase a obra da escritora inglesa, Nell Leyshon, Del color de la leche. Os comentarios suscitados despois da sús lectura centraron a reunión do pasado 12 de decembro. Impresionados por esta novela, os membros deste grupo gardaremos no noso bagaxe lector un lugar moi especial para o personaxe de Mary.
O 16 de xaneiro xuntarémonos para falar da obra de A. Skármeta, El cartero de Neruda.



Bo Nadal e Boa lectura!

martes, 29 de noviembre de 2016

Grupo "Merlín e familia"

O pasado 14 de novembro, dentro do Outono teatral do CluBiblioneme,  os membros do  grupo “Merlín e familia” disertaron sobre a obra de Arthur Miller, Morte dun viaxante.
Ademais, festexamos a incorporación de Biblioneme no PLAMBE.
A seguinte proposta lectora será Del color de la leche, da autora inglesa Nell Leyson.  Xuntarémonos o 12 de decembro para comentala.


Boa lectura!

lunes, 28 de noviembre de 2016

IES Monte Neme contra a violencia de xénero

A violencia de xénero segue sendo unha das principais secuelas da nosa sociedade. A violencia de xénero é un un problema que persiste a nivel global: a OMS estima que unha de cada tres mulleres no mundo sufriu violencia física ou sexual. 

É necesario tomar conciencia de toda esta situación que nos rodea.  Por iso desde o clubiblioneme dedicamos unha sesión para falar deste problema.




martes, 22 de noviembre de 2016

Lección maxistral de teatro

Os alumnos do clubiblioneme gozaron dunha agradable sorpresa este luns. Previa á súa posta en escena o próximo 19 de decembro, da man de dous grandes artistas, recibiron unha lección maxistral de Teatro. 




Grazas por axudarnos!

martes, 8 de noviembre de 2016

Samaín

Outro ano máis, o Samaín volve ao IES Monte Neme. No clubiblioneme celebramos esta antiga festividade celta coa que se deixa atrás o verán e prepárase o inverno. 


Desde a biblioteca realizouse o tradicional concurso de cabazas e no club de lectura dedicamos un par de sesións ás "lecturas terroríficas". Este ano o libro elixido foi Pel de lobo de Xosé Miranda.



viernes, 4 de noviembre de 2016

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016/2017

Este curso o IES Monte Neme incorpórase ao Plan de mellora de bibliotecas escolares. A resolución detalla as contías asignadas a cada centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de permanencia no programa será só para fondos, e para os incluídos nesta convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos, mobiliario e outros equipamentos, así como para gastos de funcionamento. 
O total de centros integrados nesta rede de bibliotecas escolares que constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros.



martes, 18 de octubre de 2016

Teatro

Iniciamos este primeiro trimestre coa actividade de teatro pero antes de saber as obras que realizaremos e os papeis que teremos hai que romper o medo á posta en escena.
A próxima semana coñeceredes os vosos papeis.


viernes, 14 de octubre de 2016

Grupo "Merlín e familia"

Iníciase un novo curso no Grupo “Merlín e Familia” do CluBiblioneme. Moitas novidades nos agardan. Entre elas destacamos a incorporación de novos membros e o regreso doutros.

Na primeira xuntanza, celebrada o 10 de outubro, fixemos unha presentación das actividades e comentamos as lecturas do verán. En este apartado, centrámonos na proposta do grupo para este período, a novela de Domingo Villar, A praia dos afogados.



Logo dun análise da mesma, disfrutamos dunha merenda-tertulia literaria.

A vindeira reunión será o luns, 14 de novembro, ás 18:45 horas. Compartiremos opinión sobra a obra do dramaturgo norteamericano, A. Miller, Morte dun viaxante.





Os membros do Grupo “Merlín e familia” son os seguintes:

  • Carballido Novo, Marga.
  • Cerviño Freijeiro, Ana Belén.
  • González LLorca, Carmen.
  • Lema Álvarez, Mª Cruz.
  • López Pérez, Mª Catalina.
  • Míguez Beníte, Loli.
  • Noya Otero, Mª del Carmen.
  • Pombo Pose, Mª José.
  • Potente Valcarce, Sandra.
  • Reino Rodríguez, Mª Gema.
  • Rivera Crespo, Francisco.
  • Rodríguez Añon, Mª Consuelo.
  • Seguín Garrido, Conchy.
  • Serrano Cela, Mª del Pilar (Mediadora)


lunes, 10 de octubre de 2016

Aquí estamos!

De novo aquí estamos para iniciar por terceiro ano consecutivo as nosas actividades no clubiblioneme.
Tedes ganas de empezar? Espero que si porque este ano traemos moitas moitas actividades diferentes ,iso sí, sempre ao redor dun libro ;)
Comezaremos o primeiro trimestre co teatro que ten moita aceptación polo noso alumnado e posteriormente iremos facendo outras actividades como taller de Haikus, do cine ao libro e viceversa, lectura de relatos cortos en galego, excursións literarias, álbum ilustrado....
Pero non perdamos máis tiempo.....comenzamos!



miércoles, 5 de octubre de 2016

Inicio de actividades

O día 10 de outubro comezamos as actividades no clubiblioeneme. Ás 15.15 iniciaremos a actividade co grupo "O monte dos libros" e ás 18.45 co grupo "Merlín e Familia" .


No grupo de adultos comentaremos a obra do escritor galego  Domingo Villar, A Praia dos afogados.



domingo, 2 de octubre de 2016

jueves, 8 de septiembre de 2016

Benvidos ao novo curso!



Xa estamos de novo aquí, que rápido pasa o verán! Pero sabemos que estabades a desexar volver para retomar as actividades do club de lectura...este ano vimos cargados dunha chea de actividades que seguro seguro vos van a encantar. 
Próximamente irémosvos poñendo máis información no blog sobre o noso club que abrirá de novo o próximo mes de outubro....así que estade atentos ao blog!

miércoles, 15 de junio de 2016

Visita David Creus

O profesor de Educación Plástica e Visual do noso Centro, David Creus, aceptou a invitación do CluBiblioneme e asistiu á reunión do pasado luns, 13 de xuño.
David e un creador polifacético, ao seu labor coas Artes Plásticas hai que engadir a súa paixón pola literatura, como creador e lector. Coñecimos algúns do seús autores e obras preferidas (Salinger, Cid Cabido, Bio y Casares...).
As súas preferencias abarcan desde a novela de evolución persoal ata as obras máis surrealistas ou algunhas que transitan entre a realidade e a ficción.
Ademais, obsequiounos con un debuxo que realiza nese intre na biblioteca.
Moitas grazas David!

viernes, 10 de junio de 2016

O pasado 6 de xuño o Grupo “Merlín e familia” reuniuse para comentar a obra de Sofi Oksanen, Purga.
As diversas opinións sobre a novela leváronnos a coñecer outra realidade social, política e cultural. Ademais, outras obras de autores nórdicos suscitaron o interese do grupo.
Con esta xuntanza rematamos este curso para o Grupo. A proposta de lectura para o verán é A Praia dos afogados de D. Villar. Retomaremos as actividades do Grupo o próximo outubro.


Bo verán!

Enquisa Club


Invitación David Creus

O próximo día teremos connosco ao noso profesor de plástica, David Creus. 

Xa vos contaremos con que nos sorprende!

lunes, 6 de junio de 2016

Resultado Final!

E aquí tedes o resultado de como quedaron os nosos marcapáxinas, foron unhas sesións moi divertidas!


martes, 24 de mayo de 2016

Día das letras galegas: Manuel María

Este ano, os alumnos do club, decidimos elaborar uns marcapáxinas para celebrar o día das letras galegas, dedicado este ano a Manuel María. Para realizalos, empregamos material de todo tipo: cartulinas, lapis de cores, rotuladores, cordóns, lazos… Aquí deixámosvos un avance de como van quedar os nosos marcapáginas…






jueves, 5 de mayo de 2016

8ª Reunion "Grupo Merlín e familia"

O 2 de maio foi unha xornada moi especial para os membros do “Grupo Merlín e familia”. Recibimos a visita dunha boa amiga do cluBiblioneme e da nosa Biblioteca, Rita Más Ibañez.

Polifacética e con grandes inquedanzas, Rita pode ser considerada unha humanista do noso tempo. Estudiou Artes Gráficas, Publicidade e Marketing, posúe unha importante formación en fotografía e cinematografía e colabora como articulista en diversos xornais.

Na súa faceta máis literaria destaca como analista, ainda que o seu traballo cos libros non se limita a esta actividade ou a súa paixón pola lectura. É unha gran coñecedora do libro, do seu formato, da ilustración. A isto debemos engadir a súa faceta como poeta.

Ofreciunos unha conferencia sobre literatura e cine. Dúas actividades que coñece moi ben, pois exerciu como docente na Escola Galega das Artes da Imaxe e imparte obradoiros e conferencias sobre esta temática.

Despois de ilustranos sobre a relación entre estas dúas artes e o paso dunha obra literaria ao cine, atendiu as numerosas intervención dos membros do grupo.

A conversa foi acompañada por unha exquista merenda.

Moitas grazas Rita!

Esperámoste noutra ocasión para seguir aprendendo contigo.


martes, 5 de abril de 2016

7ª Reunión do Grupo "Merlin e Familia"

“É o comezo dunha primaveira moi fermosa”

A neta do señor Linh

O comentario da obra de P.Claudel, A neta do señor Linh, foi o eixo principal da 7ª reunión do Grupo “Merlín e familia” celebrada o 4 de abril.

O exilio, a soidade, os traumas das guerras, etc... Determinaron as reflexións do Grupo.

A vindeira reunión será o 2 de maio. Esta terá carácter extraordinario, xa que recibiremos unha charla sobre literatura e cine.


A lectura proposta para a reunión do 6 de xuño e Purga de Sofi Oksanen.





miércoles, 16 de marzo de 2016

6ª Reunión do Grupo "Merlín e familia"

“Cuando nadie te entiende , tampoco te puede pedir cuentas nadie”

El lector


O pasado 14 de marzo reuniuse o grupo “Merlín e familia” para comentar a novela de Schlink, O lector.
As consecuencias da II Guerra Mundial na poboación alemana, a análise dos personaxes….foron algúns dos temas que suscitaron esta lectura.


A lectura proposta para a seguinte reunión, o 14 de abril, é A neta do señor Linh de P. Claudel.



lunes, 14 de marzo de 2016

Literatura e cine

Na última reunión do club antes das vacacións de semana santa falamos sobre os libros: Harry Potter y la orden del Fénix de J.K.Rowling  e Rebeldes de Susan E.Hinton.





Os nosos alumnos escolleron un para lelo durante as vacacións. Á volta veremos a película e comentaremos que diferenzas observamos entre o libro e a película.

Vémonos á volta das vacacións. E lembrade....a ler!

miércoles, 24 de febrero de 2016

5ª Reunión do Grupo "Merlín e familia"


"Comenteille a Minguiño:
Cambiemos de tema porque lle vou a contar esa historia a el; vaina atopar bonita. E non se lle deben  sacar as ilusións a un neno.”

Ese é un dos moitos fragmentos que definen a obra A miña planta de Laranxa Lima, que foi motivo  de análise na 5ª xuntanza do Grupo “Merlín e familia” que se celebrou o 23 de febreiro.

A obra provocou diversas reaccións que fluctuaron desde a ternura polo protagonista ata a tristura  polas situacións que ten que vivir. Finalmente, chegamos á conclusión de que a imaxinación crea  mundos maravillosos na realidade máis hostil.

A próxima reunión será o 14 de marzo, ás 18.45 horas. Comentaremos a obra de Bernhard Schilink El Lector









lunes, 22 de febrero de 2016

Analizamos a publicidade

No longo camiño cara á igualdade entre homes e mulleres, aínda quedan moitos logros que conseguir. Un deles é erradicar a publicidade con contidos sexistas e machistas. Estes anuncios discriminan abertamente á muller, reforzan unha desigual división dos roles sociais de homes e mulleres e presentan unha imaxe da muller nunha posición subordinada con respecto ao home.

A publicidade debería, pola contra, fomentar unha imaxe igualitaria das mulleres que contribúa a reforzar o dereito á igualdade establecido na Constitución e que reflicta o auténtico avance na participación das mulleres na sociedade.

Os nosos alumnos analizaron algúns destes anuncios publicitarios e trataron de descubrir o seu posible contido sexista ou discriminatorio cara á muller

viernes, 19 de febrero de 2016

Imos de excursión!

O día 19 o club de lectura saíu de excursión dirección Santiago.

Primeiro acudimos ao auditorio e vimos unha exposicion titulada "Salto de páxina" alí explicáronnos o que é a bibliofilia contemporánea, o libro obxecto, libro do artista, foto libro...e para finalizar tamén fixemos o noso propio libro.




Despois fomos camiñando a sede Afundación e alí esperábanos a exposición "Dalí contador de historias" onde vimos os fantásticos gravados de Salvador Dalí que recrean aos grandes clásicos literarios internacionais como Pantagruel ou O Quixote.





Gozamos moito da visita!

lunes, 15 de febrero de 2016

Píramo e Tisbe

Para celebrar o día de San Valentín leimos a fábula de Píramo e Tisbe extraida da Metamorfosis de Ovidio. Conta a historia de dous amantes da mitoloxía grega e romana.

Posterior á súa lectura fixemos un pequeno debate analizando as diferenzas existentes entre as relacións amorosas de agora coas de antes.


viernes, 5 de febrero de 2016

Entroido!

Un grupo de alumnos do noso club de lectura  trasladáronse ao afastado oeste e disfrazados para a ocasión, representaron unha obra de teatro. A obra estivo xenial. Parabéns mozos!

Ademais, algúns dos alumnos do club participaron no concurso de comparsas do noso Centro.


viernes, 29 de enero de 2016

Teatro

Coincidindo coa nosa posta en escena no primeiro trimestre, a nosa representación teatral, as profesoras traballaron connosco o teatro e comentamos as seguintes obras: A sala de espera, de Xosé Vázquez Pintor e O enfermo imaxinario, versión de Eduardo Alonso e Manuel Guede.


miércoles, 27 de enero de 2016

4º Reunión do grupo "Merlín e familia"

O luns 25 de xaneiro iniciamos as xuntanzas deste ano do grupo “Merlín e familia”.
Os comentarios sobre a obra de M. Remoinez, O Club da calceta, ocuparon a meirande parte do tempo: a historia de seis mulleres prisioneiras da súa realidade, como a calceta marca o cambio de actitude, o seu proceso liberador e, ademáis, constitúe o elemento de unión entre elas.




Estes comentarios estiveron acompañados dunha merenda que enriqueciu, ainda máis, a reunión.

O vindeiro 22 de febreiro opinaremos sobre a obra de J.M. de Vasconcelos, A miña planta laranxa lima.




Iniciamos 2º Trimestre. Calendario dodecaedro 2016

Xa estamos de novo aquí! Comezamos novo trimestre e estreamos un novo ano con vós.


Para comezar o segundo trimestre os nosos alumnos convidaron o profesor Severino, que compartiu connosco dúas xornadas do club. Severino sorprendeunos cunha actividade moi interesante e moi divertida.
Observou que non tiñamos todavía na nosa Biblioteca o calendario de 2016 e, despois de comprobar ou máis ben de recordarnos os nosos coñecementos de xeometría, propúxonos facer un dodecaedro calendario para que non falte na nosa biblioteca o calendario deste ano.



Algúns pasos custáronnos mais...tiñamos que estar moi atentos, pero acompañábanos tamén o profe Enrique que nos axudou moito para que todo saíse ben.



Agradecemos aos profes que pasasen connosco estas dúas xornadas. 
Gracias por vir profes! Esperámosvos pronto no noso club!