lunes, 26 de febrero de 2018

"Fotografando estrelas"

Os luns 19 e 26 de febreiro, a Biblioteca do Centro e o Club de lectura organizaron a actividade "Fotografando estrelas". Reunímonos en dúas sesións de traballo nas que o profesor Jorge Eijo encargouse de orientarnos sobre Astronomía e María Martínez ofreceunos unha clase práctica de Fotografía. A maiores o Equipo de Biblioneme elaborou documentación sobre Mitoloxía e Constelacións, que se empregou como material complementario e de axuda.
A noite do luns 26, subimos ao Monte Neme e, seguindo as explicacións dos relatores, o alumnado puido realizar as fotografías que servirán como base para o III Concurso de fotografía "Unha imaxe, todas as palabras".


No hay comentarios:

Publicar un comentario