Desde o CluBiblioneme desexámosvos unhas Felices Festas e un Feliz 2015.
miércoles, 24 de diciembre de 2014
lunes, 22 de diciembre de 2014
E por fin chegou o día
O pasado 19 de decembro, os alumnos do club
de lectura representaron no Pazo da Cultura de Carballo ante os seus compañeiros o musical "Grease".
A representación foi un éxito rotundo, os
asistentes non deixaron de aplaudir, cantar e bailar con esta excelente
representación da famosa comedia musical.
Desde o club de lectura queremos felicitar os
nosos alumnos do Clubiblioneme e o alumno Alex Torres de 2º de bacharelato
a súa actuación e agradecerlles o bo rato que nos fixeron pasar.
Aquí tedes o programa!
PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!
miércoles, 17 de diciembre de 2014
Quedan 2 días.....
Aínda non sabedes con que vos van
sorprender os nosos membros do CluBiblioneme...
Dámosvos outra pista....
Dámosvos outra pista....
martes, 16 de diciembre de 2014
3ª reunión Grupo de adultos
O Grupo de adultos do
CluBiblioneme despide este trimestre cunha reunión na que comentouse a obra El
baile, de Irene Nemirovsky.
Na próxima cita do Grupo, que
será o 19 de xaneiro ás 18.45 horas, falaremos sobre a última novela de G.G.
Reigosa, A Vinganza do defunto.
lunes, 15 de diciembre de 2014
Dereitos Humanos
O CluBiblioneme conmemorou o día
dos Dereitos Humanos, analizando o álbum ilustrado “El autobús de Rosa”.
Posteriormente, os membros do club debatiron sobre os logros acadados por Rosa
na loita a favor dos Dereitos Civis dos cidadáns afroamericanos nos EEUU.
Así mesmo, a biblioteca informou
sobre o catálago de fondos bibliográficos e cinematográficos que, sobre este
tema, ofrecía.
viernes, 12 de diciembre de 2014
Xa queda menos...
Como podedes comprobar nas seguintes fotos, os alumnos do club de lectura seguen preparándose e ensaiando para sorprendervos a todos o vindeiro venres 19 de decembro......xa queda menos.
E agora tócavos a vós, con que creedes que vos sorprenderán?
miércoles, 26 de noviembre de 2014
2ª Reunión do Club de Lectura de adultos.
O luns 24 de novembro, ás 19 horas, tivo lugar
a segunda reunión do grupo de adultos do CluBiblioneme.
O tema tratado foi a lectura da obra de Miguel
Delibes, Señora de rojo sobre fondo gris.
Edición Destino |
“con
su sola presencia aligeraba la pesadumbre de vivir”
A vindeira reunión deste grupo será o luns 15 de decembro, coa seguinte proposta de lectura:
Némirovsky, Irene, El baile.
martes, 18 de noviembre de 2014
Adiviña... Que están a facer os membros do club de lectura?
As seguintes fotos mostran pistas acerca da
sorpresa que o grupo do club de lectura nos está a preparar para o final do
primeiro trimestre...
E ti, sabes que están a preparar?
Tranquilos, irémosvos dando máis pistas.
Tranquilos, irémosvos dando máis pistas.
miércoles, 5 de noviembre de 2014
Un novo grupo no CluBiblioneme
O pasado 31 de outubro reuníronse, por
primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso
Club de lectura.
Membros do Grupo adultos:
Fraga Rodríguez, J.Ramón
González Llorca, Mª del Carmen
Lema Álvarez, Mª Cruz
López Pérez, Mª Catalina
Noya Otero, Mª del Carmen
Pombo Pose, Mª José
Potente Valcarce, Sandra
Reino Rodríguez, Mª Gema
Rivera Crespo, Francisco
Rodríguez Añón, Mª Consuelo
Seguín Garrido, Conchy
Serrano Cela, Mª del Pilar (Mediadora)
Entre as actividades realizadas destacaron:
·
A elección do nome do grupo, que
se concretará en próximas reunións.
·
A lectura de novembro:
o
Delibes, M., Señora de rojo sobre
fondo gris.
A
próxima reunión deste grupo será o luns, 24 de novembro, ás 19 horas.
miércoles, 29 de octubre de 2014
Os nosos membros...
O CluBiblioneme comeza a súa andaina e estes
son os nosos membros....próximamente contarémosche as nosas actividades.
martes, 21 de octubre de 2014
Inauguración do CluBiblioneme
O luns 6 de outubro o Club de Lectura do IES Monte Neme comenzou a súa andaina de novo. Este ano o club de lectura trae moitas novidades, así que animámoste a participar nos diferentes grupos que teremos:
1º Destinado a alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. As reunions serán todos os luns en horario de 15:15 a 16:00 horas.
2º Destinado a alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos. As reunións comenzarán en novembro e serán os luns con carácter mensual en horario de 18:00 a 19:00 horas.
3º Destinado a profesores, personal non docente e familias. As reunions comenzarán en novembro e serán os luns con carácter mensual en horario de 19:00 a 20:00 horas.
O nome dos grupos será escollido polos seus compoñentes.
As nosas andainas podes seguilas neste blog....
Esperámoste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Un curso máis iniciamos as actividades do noso Club. Este curso trae moitas novidades. Sandra Potente Valcarce, Coordinadora do Club ...
-
O pasado 14 de novembro, dentro do Outono teatral do CluBiblioneme, os membros do grupo “Merlín e familia” disertaron sobre a obra de Art...