viernes, 26 de marzo de 2021

“AS NAIS IMAXINADAS” Luto en La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca

Participacipamos na charla – encontró “AS NAIS IMAXINADAS” Luto en La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca

O 24 de marzo a Biblioteca Ágora, que pertence ao Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello de A Coruña, organizou, a través do Club de Lecturas Feministas “O cuarto Propio”, a charla-encontro “AS NAIS IMAXINADAS” Luto en La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca, emitida en directo video streaming. Rita Más Ybáñez, directora da exposición audiovisual etnográfica “A SAIA RAÍÑA” e relatora requerida para a impartir esta charla-encontro, convidounos, como representantes de Biblioneme e CluBiblioneme, a participar nesta coa intervención: “Las mujeres en la obra de La Casa de Bernarda Alba. Contexto y retrato psicológico de los personajes femeninos lorquianos”.


Agradecemos á Biblioteca Ágora, ao Club de Lectura feminista desta biblioteca e a Rita Más, antropóloga, poeta, ilustradora e fotógrafa, esta invitación, que nos permitiu compartir esta experiencia lectora cuns magnific@s participantes (Adrián, Amador, Belén, Cristina, Flor, Julia, Noelia, Rita, Susana, etc)  e abriunos novas expectativas no universo lorquiano.

A SAIA RAÍÑA


Charla – encontró “AS NAIS IMAXINADAS” Luto en La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca


Enlaces de interese:

jueves, 25 de marzo de 2021

REFLEXIÓNS LECTORAS

Grupo “O monte dos libros”

Trasladamos algunhas reflexións lectoras realizadas polos membros deste grupo sobre as obras de Ledicia costas  propostas no segundo trimestre:

Alba, Nerea e Yaiza comentan unha historia na que subliñan o tema da inclusión.



A crítica aos discursos totalitarios e a intolerancia son a base das opinións trasladadas por Kevin e Uma  tras a lectura de Recinto Gris.


O corazón de Xúpiter serviu a Melisa e a Iria para analizar o por que das conductas difíciles dalgúns adolescentes.


Elisa, Jesús e Laura optaron polos contos de Un animal chamado néboa, nos que destacaron o contexto histórico no que se desenvolven estas historias.

domingo, 21 de marzo de 2021

Día da poesía 2021

“Desconfinamos a poesía. Coñecemos novas xeografías poéticas”

Este curso en Biblioneme conmemoramos o Día da Poesía e da Árbore “desconfinando a poesía” e ampliando as nosas “Xeografías poéticas”. A través dos HAIKUS coñeceremos unha forma poética xaponesa, que foi adoptada por outras literaturas, entre elas a galega.

As alumnas de 3º ESO A, membros do CluBiblioneme, Sara Abelenda Costa, Andrea Figueira Quintáns, Natalia García Hurtado de Mendoza, Eva Viaño Vázquez e Ivana Vila Mallo dannos a coñecer esta forma poética e recitan exemplos de haikus creados por autor@s galeg@s.

Podedes visionar esta actividade entrando no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=jv_auXlAvRk