“Desconfinamos a poesía. Coñecemos novas xeografías poéticas”
Este curso en Biblioneme conmemoramos o Día da Poesía e da Árbore “desconfinando a poesía” e ampliando as nosas “Xeografías poéticas”. A través dos HAIKUS coñeceremos unha forma poética xaponesa, que foi adoptada por outras literaturas, entre elas a galega.
As alumnas de 3º ESO A, membros do CluBiblioneme, Sara Abelenda Costa, Andrea Figueira Quintáns, Natalia García Hurtado de Mendoza, Eva Viaño Vázquez e Ivana Vila Mallo dannos a coñecer esta forma poética e recitan exemplos de haikus creados por autor@s galeg@s.
Podedes visionar esta actividade entrando no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario