martes, 27 de octubre de 2020
viernes, 23 de octubre de 2020
Inicio das actividades do grupo “O Monte dos Libros”
O luns, 19 de outubro, o grupo “O Monte dos Libros” iniciou as súas actividades.
Este curso os integrantes son:
1º ESO A
Nerea Antelo Benítez
Uma Eirís Ferreiro
Iria Muíño Puente
Kevin Pallas Cebral
1º ESO B
Melisa Pose Vázquez
3º ESO B
Yaiza Gende López
Elisa Lendoiro Pazos
Silvia Varela Docampo
4º ESO A
Jesús Manuel Rey Gómez
4º ESO B
Laura García Balsa
A situación sanitaria provocada pola
Covid-19 condicionará as actividades do CluBiblioneme. Así, o teatro, que tan
boa acollida ten entre os nosos membros, cambiará de formato. Faremos “RADIO
TEATRO”.
Parte do alumnado deste grupo
versionará e adaptará, para a súa interpretación radiofónica, a obra de Ledicia
Costas, Esmeraldina, a pequeña defunta.
Asimesmo, o resto do grupo realizará unha versión radiofónica
da obra O achado do castro, de Manuel Núñez Singala, que
interpretará na radio do centro.
As propostas lectoras para o primeiro trimestre, que
incluímos na sección “Un terror de lecturas”, son:
-Agra, Agustín.- Trampa de luz
-Pombo
Graña, Andrés.- O segredo das burgas
BOAS LECTURAS !!!
miércoles, 14 de octubre de 2020
Inicio das actividades do CluBiblioneme
Adaptaremos as actividades do CluBiblioneme: serán presenciais, sempre que a situación sanitaria o permita, no grupo “O MONTE DOS LIBROS”, destinado a alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º ESO; nos restantes grupos, as actividades serán virtuais.
Mantemos o noso obxectivo: crear lector@s crític@s, aventureir@s, divers@s e libres que entendan “todas as posibilidades da lectura”. Ademais, seguindo o lema elixido este curso para as bibliotecas escolares de Galicia, as “Xeografías Lectoras” emprenderemos unha viaxe pola xeografía do coñecemento d@s nos@s lector@s.
O luns, 19 de outubro, comezamos coas actividades do grupo “O MONTE DOS LIBROS”.
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Un curso máis iniciamos as actividades do noso Club. Este curso trae moitas novidades. Sandra Potente Valcarce, Coordinadora do Club ...
-
O pasado 14 de novembro, dentro do Outono teatral do CluBiblioneme, os membros do grupo “Merlín e familia” disertaron sobre a obra de Art...