sábado, 24 de diciembre de 2016
jueves, 22 de diciembre de 2016
Risoterapia
E por fin chegou o gran día, a nosa representación teatral que levamos preparando estes meses. O último día de clase deleitamos os nosos compañeiros ca obra "Risoterapia", que representamos no Pazo da Cultura de Carballo.
Foi todo un éxito entre os nosos compañeiros!
lunes, 12 de diciembre de 2016
Terceira xuntanza do grupo “Merlín e familia”
“este es mi libro y estoy escribiéndolo con mi propia mano”
Así iníciase a obra da escritora
inglesa, Nell Leyshon, Del color de la
leche. Os comentarios suscitados despois da sús lectura centraron a reunión
do pasado 12 de decembro. Impresionados por esta novela, os membros deste grupo
gardaremos no noso bagaxe lector un lugar moi especial para o personaxe de
Mary.
O 16 de xaneiro xuntarémonos para
falar da obra de A. Skármeta, El cartero
de Neruda.
Bo Nadal e Boa lectura!
martes, 29 de noviembre de 2016
Grupo "Merlín e familia"
O pasado 14 de novembro, dentro
do Outono teatral do CluBiblioneme, os
membros do grupo “Merlín e familia”
disertaron sobre a obra de Arthur Miller, Morte
dun viaxante.
Ademais, festexamos a
incorporación de Biblioneme no PLAMBE.
A seguinte proposta lectora será
Del color de la leche, da autora inglesa Nell Leyson. Xuntarémonos o 12 de decembro para comentala.
Boa lectura!
lunes, 28 de noviembre de 2016
IES Monte Neme contra a violencia de xénero
A violencia de xénero segue sendo unha das principais secuelas da nosa sociedade. A violencia de xénero é un un problema que persiste a nivel global: a OMS estima que unha de cada tres mulleres no mundo sufriu violencia física ou sexual.
É necesario tomar conciencia de toda esta situación que nos rodea. Por iso desde o clubiblioneme dedicamos unha sesión para falar deste problema.
martes, 22 de noviembre de 2016
Lección maxistral de teatro
Os alumnos do clubiblioneme gozaron dunha agradable sorpresa este luns. Previa á súa posta en escena o próximo 19 de decembro, da man de dous grandes artistas, recibiron unha lección maxistral de Teatro.
Grazas por axudarnos!
martes, 8 de noviembre de 2016
Samaín
Outro ano máis, o Samaín volve ao IES Monte Neme. No
clubiblioneme celebramos esta antiga festividade celta coa que se deixa atrás o
verán e prepárase o inverno.
Desde a biblioteca realizouse o tradicional concurso de
cabazas e no club de lectura dedicamos un par de sesións ás "lecturas
terroríficas". Este ano o libro elixido foi Pel de lobo de Xosé Miranda.
viernes, 4 de noviembre de 2016
Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016/2017
Este curso o IES Monte Neme incorpórase ao Plan de mellora de bibliotecas escolares. A resolución detalla as contías asignadas a cada centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de permanencia no programa será só para fondos, e para os incluídos nesta convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos, mobiliario e outros equipamentos, así como para gastos de funcionamento.
O total de centros integrados nesta rede de bibliotecas escolares que constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros.
martes, 18 de octubre de 2016
Teatro
Iniciamos este primeiro trimestre coa actividade de teatro pero antes de saber as obras que realizaremos e os papeis que teremos hai que romper o medo á posta en escena.
A próxima semana coñeceredes os vosos papeis.
viernes, 14 de octubre de 2016
Grupo "Merlín e familia"
Iníciase un novo curso no
Grupo “Merlín e Familia” do CluBiblioneme. Moitas novidades nos agardan. Entre
elas destacamos a incorporación de novos membros e o regreso doutros.
Na primeira xuntanza,
celebrada o 10 de outubro, fixemos unha presentación das actividades e
comentamos as lecturas do verán. En este apartado, centrámonos na proposta do
grupo para este período, a novela de Domingo Villar, A praia dos afogados.
Logo dun análise da
mesma, disfrutamos dunha merenda-tertulia literaria.
A vindeira reunión será o
luns, 14 de novembro, ás 18:45 horas. Compartiremos opinión sobra a obra do
dramaturgo norteamericano, A. Miller, Morte dun viaxante.
Os membros do Grupo “Merlín
e familia” son os seguintes:
- Carballido Novo, Marga.
- Cerviño Freijeiro, Ana Belén.
- González LLorca, Carmen.
- Lema Álvarez, Mª Cruz.
- López Pérez, Mª Catalina.
- Míguez Beníte, Loli.
- Noya Otero, Mª del Carmen.
- Pombo Pose, Mª José.
- Potente Valcarce, Sandra.
- Reino Rodríguez, Mª Gema.
- Rivera Crespo, Francisco.
- Rodríguez Añon, Mª Consuelo.
- Seguín Garrido, Conchy.
- Serrano Cela, Mª del Pilar (Mediadora)
lunes, 10 de octubre de 2016
Aquí estamos!
De novo aquí estamos para iniciar por
terceiro ano consecutivo as nosas actividades no clubiblioneme.
Tedes ganas de empezar? Espero que si
porque este ano traemos moitas moitas actividades diferentes ,iso sí, sempre ao
redor dun libro ;)
Comezaremos o primeiro trimestre co teatro
que ten moita aceptación polo noso alumnado e posteriormente iremos facendo
outras actividades como taller de Haikus, do cine ao libro e viceversa, lectura
de relatos cortos en galego, excursións literarias, álbum ilustrado....
Pero non perdamos máis tiempo.....comenzamos!
Pero non perdamos máis tiempo.....comenzamos!
miércoles, 5 de octubre de 2016
Inicio de actividades
O día 10 de outubro comezamos as
actividades no clubiblioeneme. Ás 15.15 iniciaremos a actividade co grupo "O monte dos libros" e
ás 18.45 co grupo "Merlín e Familia" .
No grupo de
adultos comentaremos a obra do escritor galego Domingo Villar, A Praia dos afogados.
domingo, 2 de octubre de 2016
viernes, 30 de septiembre de 2016
jueves, 8 de septiembre de 2016
Benvidos ao novo curso!
Xa estamos de novo aquí, que rápido pasa o verán! Pero sabemos que estabades a desexar volver para retomar as actividades do club de lectura...este ano vimos cargados dunha chea de actividades que seguro seguro vos van a encantar.
Próximamente irémosvos poñendo máis información no blog sobre o noso club que abrirá de novo o próximo mes de outubro....así que estade atentos ao blog!
miércoles, 15 de junio de 2016
Visita David Creus
O profesor de Educación Plástica e Visual do noso Centro, David Creus, aceptou a invitación do CluBiblioneme e asistiu á reunión do pasado luns, 13 de xuño.
David e un creador polifacético, ao seu labor coas Artes Plásticas hai que engadir a súa paixón pola literatura, como creador e lector. Coñecimos algúns do seús autores e obras preferidas (Salinger, Cid Cabido, Bio y Casares...).
As súas preferencias abarcan desde a novela de evolución persoal ata as obras máis surrealistas ou algunhas que transitan entre a realidade e a ficción.
Ademais, obsequiounos con un debuxo que realiza nese intre na biblioteca.
Moitas grazas David!
viernes, 10 de junio de 2016
O pasado 6 de
xuño o Grupo “Merlín e familia” reuniuse para comentar a obra de Sofi Oksanen, Purga.
As diversas opinións
sobre a novela leváronnos a coñecer outra realidade social, política e
cultural. Ademais, outras obras de autores nórdicos suscitaron o interese do
grupo.
Con esta
xuntanza rematamos este curso para o Grupo. A proposta de lectura para o verán
é A Praia dos afogados de D.
Villar. Retomaremos as actividades do Grupo o próximo outubro.
Bo
verán!
Invitación David Creus
O próximo día teremos connosco ao noso profesor de plástica, David Creus.
Xa vos contaremos con que nos sorprende!
lunes, 6 de junio de 2016
Resultado Final!
E aquí tedes o resultado de como quedaron os nosos marcapáxinas, foron unhas sesións moi divertidas!
martes, 24 de mayo de 2016
Día das letras galegas: Manuel María
Este ano, os
alumnos do club, decidimos elaborar uns marcapáxinas para celebrar o día das
letras galegas, dedicado este ano a Manuel María. Para realizalos, empregamos
material de todo tipo: cartulinas, lapis de cores, rotuladores, cordóns, lazos…
Aquí deixámosvos un avance de como van quedar os nosos marcapáginas…
jueves, 5 de mayo de 2016
8ª Reunion "Grupo Merlín e familia"
O 2 de maio foi unha xornada moi especial para os membros do “Grupo
Merlín e familia”. Recibimos a visita dunha boa amiga do cluBiblioneme e da
nosa Biblioteca, Rita Más Ibañez.
Polifacética e con grandes inquedanzas, Rita pode ser considerada
unha humanista do noso tempo. Estudiou Artes Gráficas, Publicidade e Marketing,
posúe unha importante formación en fotografía e cinematografía e colabora como
articulista en diversos xornais.
Na súa faceta máis literaria destaca como analista, ainda que o
seu traballo cos libros non se limita a esta actividade ou a súa paixón pola
lectura. É unha gran coñecedora do libro, do seu formato, da ilustración. A isto
debemos engadir a súa faceta como poeta.
Ofreciunos unha conferencia sobre literatura e cine. Dúas
actividades que coñece moi ben, pois exerciu como docente na Escola Galega das
Artes da Imaxe e imparte obradoiros e conferencias sobre esta temática.
Despois de ilustranos sobre a relación entre estas dúas artes e o
paso dunha obra literaria ao cine, atendiu as numerosas intervención dos
membros do grupo.
A conversa foi acompañada por unha exquista merenda.
Moitas grazas Rita!
domingo, 17 de abril de 2016
sábado, 16 de abril de 2016
martes, 5 de abril de 2016
7ª Reunión do Grupo "Merlin e Familia"
“É o comezo dunha primaveira moi fermosa”
A neta do señor Linh
O comentario da obra de P.Claudel, A neta do señor Linh, foi o eixo principal da 7ª reunión do Grupo “Merlín e familia” celebrada o 4 de abril.
O exilio, a soidade, os traumas das guerras, etc... Determinaron as reflexións do Grupo.
A vindeira reunión será o 2 de maio. Esta terá carácter extraordinario, xa que recibiremos unha charla sobre literatura e cine.
A lectura proposta para a reunión do 6 de xuño e Purga de Sofi Oksanen.
miércoles, 16 de marzo de 2016
6ª Reunión do Grupo "Merlín e familia"
“Cuando nadie te entiende ,
tampoco te puede pedir cuentas nadie”
El lector
O pasado 14 de marzo reuniuse o
grupo “Merlín e familia” para comentar a novela de Schlink, O lector.
As consecuencias da II Guerra
Mundial na poboación alemana, a análise dos personaxes….foron algúns dos temas
que suscitaron esta lectura.
A lectura proposta para a
seguinte reunión, o 14 de abril, é A neta do señor Linh de P. Claudel.
lunes, 14 de marzo de 2016
Literatura e cine
Na última reunión do club
antes das vacacións de semana santa falamos sobre os libros: Harry Potter y la orden del Fénix de
J.K.Rowling e Rebeldes de Susan
E.Hinton.
Os nosos alumnos escolleron un para lelo
durante as vacacións. Á volta veremos a película e comentaremos que diferenzas
observamos entre o libro e a película.
Vémonos á volta das vacacións. E lembrade....a ler!
miércoles, 24 de febrero de 2016
5ª Reunión do Grupo "Merlín e familia"
"Comenteille a Minguiño:
Cambiemos de tema porque lle vou a contar esa historia a el;
vaina atopar bonita. E non se lle deben sacar as ilusións a un neno.”
Ese é un dos moitos fragmentos que definen a obra A miña
planta de Laranxa Lima, que foi motivo de análise na 5ª xuntanza do Grupo
“Merlín e familia” que se celebrou o 23 de febreiro.
A obra provocou diversas reaccións que fluctuaron desde a
ternura polo protagonista ata a tristura polas situacións que ten que vivir.
Finalmente, chegamos á conclusión de que a imaxinación crea mundos maravillosos
na realidade máis hostil.
A próxima reunión será o 14 de marzo, ás 18.45 horas. Comentaremos a obra de Bernhard Schilink El Lector
lunes, 22 de febrero de 2016
Analizamos a publicidade
No longo camiño cara á igualdade
entre homes e mulleres, aínda quedan moitos logros que conseguir. Un deles é
erradicar a publicidade con contidos sexistas e machistas. Estes anuncios
discriminan abertamente á muller, reforzan unha desigual división dos roles
sociais de homes e mulleres e presentan unha imaxe da muller nunha posición
subordinada con respecto ao home.
A publicidade debería, pola
contra, fomentar unha imaxe igualitaria das mulleres que contribúa a reforzar o
dereito á igualdade establecido na Constitución e que reflicta o auténtico
avance na participación das mulleres na sociedade.
Os nosos alumnos analizaron algúns destes anuncios publicitarios e trataron de descubrir o seu posible
contido sexista ou discriminatorio cara á muller
viernes, 19 de febrero de 2016
Imos de excursión!
O día 19 o club de
lectura saíu de excursión dirección Santiago.
Primeiro acudimos
ao auditorio e vimos unha exposicion titulada "Salto de páxina" alí
explicáronnos o que é a bibliofilia contemporánea, o libro obxecto, libro do
artista, foto libro...e para finalizar tamén fixemos o noso propio libro.
Despois fomos
camiñando a sede Afundación e alí esperábanos a exposición "Dalí contador de
historias" onde vimos os fantásticos gravados de Salvador Dalí que recrean
aos grandes clásicos literarios internacionais como Pantagruel ou O Quixote.
Gozamos moito da
visita!
lunes, 15 de febrero de 2016
Píramo e Tisbe
Para celebrar o día de San Valentín leimos a fábula de Píramo e Tisbe extraida da Metamorfosis de Ovidio. Conta a historia de dous amantes da mitoloxía grega e romana.
Posterior á súa lectura fixemos un pequeno debate analizando as diferenzas existentes entre as relacións amorosas de agora coas de antes.
viernes, 5 de febrero de 2016
Entroido!
Un grupo de alumnos
do noso club de lectura trasladáronse ao
afastado oeste e disfrazados para a ocasión, representaron unha obra de teatro.
A obra estivo xenial. Parabéns mozos!
Ademais, algúns dos
alumnos do club participaron no concurso de comparsas do noso Centro.
viernes, 29 de enero de 2016
Teatro
Coincidindo coa nosa posta en escena no primeiro trimestre, a nosa representación teatral, as profesoras traballaron connosco o teatro e comentamos as seguintes obras: A sala de espera, de Xosé Vázquez Pintor e O enfermo imaxinario, versión de Eduardo Alonso e Manuel Guede.
miércoles, 27 de enero de 2016
4º Reunión do grupo "Merlín e familia"
O luns 25 de xaneiro iniciamos as xuntanzas deste ano do
grupo “Merlín e familia”.
Os comentarios sobre a obra de M. Remoinez, O Club da calceta, ocuparon a
meirande parte do tempo: a historia de seis mulleres prisioneiras da súa
realidade, como a calceta marca o cambio de actitude, o seu proceso liberador e, ademáis, constitúe o elemento de unión entre elas.
Estes comentarios estiveron acompañados dunha merenda que enriqueciu,
ainda máis, a reunión.
O vindeiro 22 de febreiro opinaremos sobre a obra de J.M. de
Vasconcelos, A miña planta laranxa
lima.
Iniciamos 2º Trimestre. Calendario dodecaedro 2016
Xa estamos de novo
aquí! Comezamos novo trimestre e estreamos un novo ano con vós.
Para comezar o
segundo trimestre os nosos alumnos convidaron o profesor Severino, que compartiu
connosco dúas xornadas do club. Severino sorprendeunos cunha actividade moi interesante e moi divertida.
Observou que non tiñamos todavía na nosa Biblioteca o calendario de 2016 e, despois de comprobar ou máis ben de recordarnos os nosos coñecementos de xeometría, propúxonos facer un dodecaedro calendario para que non falte na nosa biblioteca o calendario deste ano.
Observou que non tiñamos todavía na nosa Biblioteca o calendario de 2016 e, despois de comprobar ou máis ben de recordarnos os nosos coñecementos de xeometría, propúxonos facer un dodecaedro calendario para que non falte na nosa biblioteca o calendario deste ano.
Algúns pasos custáronnos
mais...tiñamos que estar moi atentos, pero acompañábanos tamén o profe Enrique
que nos axudou moito para que todo
saíse ben.
Agradecemos aos profes que pasasen
connosco estas dúas xornadas.
Gracias por vir profes! Esperámosvos pronto no noso club!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Un curso máis iniciamos as actividades do noso Club. Este curso trae moitas novidades. Sandra Potente Valcarce, Coordinadora do Club ...
-
O pasado 14 de novembro, dentro do Outono teatral do CluBiblioneme, os membros do grupo “Merlín e familia” disertaron sobre a obra de Art...