Grazas por compartir este tempo connosco.
jueves, 30 de marzo de 2017
"Compartindo lecturas con María Martínez"
No clubiblioneme recibimos a visita da nosa compañeira María Martínez Varela que nos comentou a súa traxectoria lectora e as súas inquedanzas no terreo da literatura.
martes, 28 de marzo de 2017
Sexta xuntanza do grupo “Merlín e familia”
Reencontro coa obra
de Irène Némirovsky
Irène Némirovsky é unha autora de
referencia para os membros do CluBiblioneme.
Os comentarios sobre a súa obra Los bienes de este mundo centraron a
xuntanza do 13 de marzo:
os cambios experimentados pola
clase media europea nas primeiras décadas do século XX, os conflictos armados,
a dimensión humana dos personaxes,…son algúns dos aspectos que destacaron @s
participantes.
“Providencia, pero sé bien lo que la providencia, en su divina
sabiduría, entiende por felicidad. Preocupaciones, angustias, dificultades …
los bienes de este mundo Marthe …”
Los
bienes de este mundo
A novela de Agustín Fernández Paz, Non hai
noite tan longa, será a lectura que analizaremos o vindeiro 24 de abril.
¡Boa lectura!
miércoles, 22 de marzo de 2017
lunes, 6 de marzo de 2017
Quinta xuntanza do grupo “Merlín e familia”
Cabalos e lobos foi a lectura elexida polo grupo “Merlín e familia” para tratar nesta reunión.
“Non sei o que pretendía, pero algo si logrou: confirmar a nosa existencia e, de paso, desmentir a nosa inmortalidade. (…)”
A obra de Fran P. Alonso deu lugar a moitos comentarios: a importancia da cidade de Vigo na II Guerra Mundial, unha trama familiar con moitos conflictos abertos,….
O noso grupo segue crecendo. Mercedes Anido Ferreiro incorpórase ao CluBiblioneme.
O vindeiro 13 de marzo analizaremos Los bienes de este mundo, obra de Irène Némirovsky.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Un curso máis iniciamos as actividades do noso Club. Este curso trae moitas novidades. Sandra Potente Valcarce, Coordinadora do Club ...
-
O luns, 28 de outubro, o grupo “ Merlín e familia” iniciou as actividades deste curso. A valoración das lecturas do verán e as recomendaci...