jueves, 25 de febrero de 2021
5ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”
miércoles, 24 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA 2021
Sempre Rosalianos
“Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino.”
Este curso, condicionado pola pandemia, Biblioneme conmemora o Día de Rosalíade Castro aproximándonos a súa producción literaria en prosa.
Sara Abelenda Costa, Eva Viaño Vázquez e Ivana Vila Mallo, alumnas de 3º ESO A e membros do grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme, colaboraron na gravación do podcast da Bibloteca en RadioNeme.
Podedes entrar no seguinte enlace para escoitalo:
jueves, 4 de febrero de 2021
Segundo premio do Concurso de Curtas “Senda dos faros"
O IES Monte Neme ven de gañar o segundo premio do Concurso de Curtas “Senda dos faros”, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co proxecto“De naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos Ingleses a Camariñas”.
Coordinado e elaborado polo equipo da biblioteca, este proxecto contou coa participación dos grupos de 3º ESO, do alumnado de INEIN (Investigación e Tratamento da Información, 2º ESO) e do grupo “O monte dos libros” do Club de Lectura. Para levar a cabo esta experiencia, foi fundamental a colaboración dos profesores Jorge Velasco, Diego Carril, Javier Fraga Pose, do alumnado de Música de 1º Bacharelato, do Concello de Camariñas e o apoio entusiasta de Charo Couto, Directora do centro.
Moitas Grazas
a tod@s.
Equipo
Biblioneme
(Catalina López Pérez, Mª José Pombo Pose e Pilar Serrano Cela)
Enlaces de
interese:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33116
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_concursocurtassendadosfaros.pdf
http://animacionlectura.blogspot.com/2020/03/o9-de-marzo-o-equipo-de-biblioneme.html
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X55215/ies-cachada-boiro-ies-monte-neme-carballo-conservatorio-xan-viano-ferrol-ganan
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Un curso máis iniciamos as actividades do noso Club. Este curso trae moitas novidades. Sandra Potente Valcarce, Coordinadora do Club ...
-
O luns, 28 de outubro, o grupo “ Merlín e familia” iniciou as actividades deste curso. A valoración das lecturas do verán e as recomendaci...