miércoles, 14 de octubre de 2020

Inicio das actividades do CluBiblioneme

Iniciamos un curso condicionado pola situación sanitaria provocada pola pandemia. As necesidades da sociedade cambiaron, vivimos un tempo diferente, cheo de incertidumes.

Adaptaremos as actividades do CluBiblioneme: serán presenciais, sempre que a situación sanitaria o permita, no grupo “O MONTE DOS LIBROS”, destinado a alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º ESO; nos restantes grupos, as actividades serán virtuais.

Mantemos o noso obxectivo: crear lector@s crític@s, aventureir@s, divers@s e libres que entendan “todas as posibilidades da lectura”. Ademais, seguindo o lema elixido este curso para as bibliotecas escolares de Galicia, as “Xeografías Lectoras” emprenderemos unha viaxe pola xeografía do coñecemento d@s nos@s lector@s.

O luns, 19 de outubro, comezamos coas actividades do grupo “O MONTE DOS LIBROS”.


Grazas por Ler

No hay comentarios:

Publicar un comentario