viernes, 5 de junio de 2020

NOVAS XUNTANZAS VIRTUAIS E DESPEDIDA

Rematamos este curso con dúas xuntanzas virtuais que foron do máis fructíferas e interesantes. 

A primeira foi cos integrantes do grupo “O monte dos libros”, que centraron os seus comentarios nas diferentes obras recomendas. 

Natalia, Eva, Iria, Sara e Yaiza elixiron Las chicas del alambre de Jordi Sierra I Fabra. Destacaron a problemática do culto ao corpo, moi vixente na adolescencia.


Jesús e Laura G. optaron por A guerra dos botón de Louis Pergado. Amizade, rivalidade e pacifismo son os temas que máis lles impactaron desta obra. 


Iago, Sara e Silvia recomendan a obra de Jacqueline Kelly, A evolución de Calpurnia Tate, na que coñecemos as inquietudes científicas dunha rapaza de 11 anos. 


A segunda xuntanza foi co grupo “Merlín e familia”. A lectura recomendada, Trece badaladas de Suso de Toro, cumpliu as expectativas. Os membros deste grupo sinalaron como esta novela de intriga “engancha ao lector”. Maxia, lendas, relixión e reconstrucción histórica configuran que máis destacaron nesta obra. 


Ademais, ofreceronnos estas recomendacións lectoras para este verán: 

Celeste e Vanesa apostan por calquera obra de Pierre Lemaitre: 


Chelo e Laura prefiren , A elegancia do ourizo de Muriel Barbery 


La sangre de los inocentes de Julia Navarro é a recomendación de Loly. 


A María gustoulle especialmente La intrusa de Éric Faye e Claro de Lúa de Puri Ameixide. 




Rematamos un curso diferente debido a pandemia. Virtualmente, continuamos facendo lecturas e lector@s. Os libros e as opiniós que suscitaban actuaron como una ponte de conexión entre nós nesta nova experiencia. Foron unha excelente compañía, que axudou a compartir, a unir. 

Vémonos o próximo curso, con moitas iniciativas e novas propostas lectoras. 

Bo verán e boas lecturas!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario