jueves, 30 de abril de 2020

6ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”. Xuntanzas virtuais en tempos de confinamento

Continuamos coas nosas reunións virtuais. O 27 de abril homenaxeamos a figura de Miguel Delibes no centenario do seu nacemento. 

As novelas de Delibes abriron un extraordinario abano de opinións: 



Mi idolatrado hijo Sisi foi a elección de Celeste Lago:


“Esta obra enganchoume dende o primeiro momento. Encántame a súa ironía, moi divertida, a descripción dos personaxes, vítimas da educación dunha época dura e triste.”

Chelo Gago, Vanesa López, Marga Carballido e Gema Souto optaron por El camino.


Destacan como reflexa a cruda realidade da posguerra, unha época moi escura. A tenrura de personaxes como Daniel enchen unha narración pausada e natural.

Laura Cortiñas e Cruz Lema decantáronse por Madera de héroe


“Novela xenial, de personaxes singulares, ambiguos e metafóricos. Maravillosamente escrita.”

Cruz Lema, María Rodríguez e Gema Souto, ademais leron Señora de rojo sobre fondo gris, un relato que califican como “xenuino”.


Loly Míguez quedou impresionada por Las ratas: “Esta obra reflexa como a pobreza no e só material, tamén é espiritual.”


Mercedes Verdes e Sonia Otero optaron por Cinco horas con Mario, onde o personaxe de Carmen lembra, no velatorio do seu home, a súa vida e reflexa a sociedade dunha época.



Gracias polas vosas valoracións.

A vindeira xuntanza virtual será a finais de maio. Acercarémonos a diferentes propostas lectoras.


CluBiblioneme recomenda:

Trece badaladas, de Suso de Toro




No hay comentarios:

Publicar un comentario