Fixémoslle moitas preguntas
martes, 28 de abril de 2015
Un libro entre mans. Coñecer o deseño editorial
O luns, 27 de abril, tivemos unha
convidada moi especial no CluBiblioneme Rita Más Ybañez.
A través da charla aprendimos moitos aspectos interesantes relacionados co libro: historia do libro, a imprenta, as partes do libro, as letras, deseño, ilustración, papeis…
Os membros do Club agradécenlle a súa visita e recorda...... esperámoste o
vindeiro curso!
martes, 21 de abril de 2015
Mostrámosvos os nosos cubosomas
O pasado 20 de
abril rematamos a actividade do Cubosoma proposta pola nosa profesora de
Tecnoloxía Ana Espinosa. Durante estas sesións, explicounos como crear un
cubosoma, axudounos a facelo, a pintalo para mostrar a nosa creatividade e como
non axudounos a montalo….temos moitas maneiras de facelo…é superdivertido!
Todos os
membros do CluBiblioneme lle agradecen a Ana a súa dedicación e paciencia
durante estes días que nos acompañou.
miércoles, 15 de abril de 2015
Excursión cos membros do CluBiblioneme
O martes, 14 de abril, os membros do Club
de lectura, CluBiblioneme, fixeron unha saída á Cidade da Coruña.
Visitaron, en primeiro lugar, o Arquivo
do Reino de Galicia, onde recibiron información sobre o traballo alí
desenvolto, os fondos documentais conservados etc… Ademáis, puideron ter
acceso a documentos relacionados con Carballo. Finalmente, pasaron a Sala de
Restauración Documental, onde comprobaron como se restauran e recuperan
documentos antigos.
A segunda visita centrouse na Biblioteca
Pública Miguel González Garcés. Coñeceron os diferentes espazos do edificio e a
bibliotecaria fixo unha presentación sobre a páxina Web e os recursos desta
Biblioteca.
Pola tarde percorreron o casco antigo da
cidade e visitaron a Real Academia Galega. Alí informáronse da historia desta institución, así
como, a relación dos seus membros e o traballo que nela se realiza.
O Arquivo do Reino de Galicia
Biblioteca Pública Miguel González Garcés
Real Academia Galega
lunes, 13 de abril de 2015
6ª Reunión do Grupo “Merlín e Familia”
O 13 de abril reuniuse o grupo “Merlín e
Familia” do CluBiblioneme. Comentamos a obra de F-X.Fernández Noval, O
bosque das antas e
Compartimos unha “suculenta merenda”
Aquí estamos algúns dos integrantes do
grupo.
Outras obras de este autor que
recomendamos son : Tempo de crepúsculo, Sombras no labirinto,
Sete noites e un amancer, Unha cita co aire, Para seguir bailando
e A noite branca.
“Non é un libro que deixe indifirente, pola realidade tan crúa que retrata e por un final no que hai demasiada desesperanza. Considero que é moi realista ao recoller a anestesia na que caeu a sociedade española de posguerra”
A vindeira reunión será o 11 de maio, ás 18.45 horas, na biblioteca do Centro. A lectura proposta é Maldito Karma de David Safier.
“Non é un libro que deixe indifirente, pola realidade tan crúa que retrata e por un final no que hai demasiada desesperanza. Considero que é moi realista ao recoller a anestesia na que caeu a sociedade española de posguerra”
Catalina López Pérez. Membro do grupo “Merlín
e familia”
A vindeira reunión será o 11 de maio, ás 18.45 horas, na biblioteca do Centro. A lectura proposta é Maldito Karma de David Safier.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Un curso máis iniciamos as actividades do noso Club. Este curso trae moitas novidades. Sandra Potente Valcarce, Coordinadora do Club ...
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
O xoves, 10 de novembro, o grupo “O Monte dos Libros” inicia as súas actividades. Os integrantes son: ü Celia Ures Rodríguez ü Valer...