miércoles, 27 de enero de 2016

4º Reunión do grupo "Merlín e familia"

O luns 25 de xaneiro iniciamos as xuntanzas deste ano do grupo “Merlín e familia”.
Os comentarios sobre a obra de M. Remoinez, O Club da calceta, ocuparon a meirande parte do tempo: a historia de seis mulleres prisioneiras da súa realidade, como a calceta marca o cambio de actitude, o seu proceso liberador e, ademáis, constitúe o elemento de unión entre elas.




Estes comentarios estiveron acompañados dunha merenda que enriqueciu, ainda máis, a reunión.

O vindeiro 22 de febreiro opinaremos sobre a obra de J.M. de Vasconcelos, A miña planta laranxa lima.




Iniciamos 2º Trimestre. Calendario dodecaedro 2016

Xa estamos de novo aquí! Comezamos novo trimestre e estreamos un novo ano con vós.


Para comezar o segundo trimestre os nosos alumnos convidaron o profesor Severino, que compartiu connosco dúas xornadas do club. Severino sorprendeunos cunha actividade moi interesante e moi divertida.
Observou que non tiñamos todavía na nosa Biblioteca o calendario de 2016 e, despois de comprobar ou máis ben de recordarnos os nosos coñecementos de xeometría, propúxonos facer un dodecaedro calendario para que non falte na nosa biblioteca o calendario deste ano.



Algúns pasos custáronnos mais...tiñamos que estar moi atentos, pero acompañábanos tamén o profe Enrique que nos axudou moito para que todo saíse ben.



Agradecemos aos profes que pasasen connosco estas dúas xornadas. 
Gracias por vir profes! Esperámosvos pronto no noso club!

jueves, 24 de diciembre de 2015

Bo nadal!

Desde o club de lectura desexámosvos un Bo nadal.
Vémonos pronto no noso club de lectura.




"Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro"
Emily Dickinson

domingo, 20 de diciembre de 2015

Un paseo pola historia

Os nosos alumnos demostraron que son uns profesionais e o día 18 no Pazo da Cultura de Carballo representaron a obra “Un paseo pola historia”.
Eles gozaron moito e fixéronnolo pasar moi ben.
As nosas felicitacións mozos!


martes, 15 de diciembre de 2015

3ª Reunión Grupo "Merlín e Familia"

O 14 de decembro o Grupo "Melín e familia" reuniuse para comentar a obra de A. Christie, Dez negriños.



Con esta obra, fundamental na literatura detectivesca, conmemoramos o 125 aniversario do nacemento da autora.

A vindeira xuntanza será o 18 de xaneiro, ás 18:45 horas, e a lectura seleccionada polo grupo é O club da calceta de María Reimóndez. 


Día dos dereitos humanos

Con motivo do día dos Dereitos Humanos decidimos observar o libro ilustrado, A Historia de Erika que narra a historia dunha sobrevivente do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida. É un libro que nos emocionou a todos profes e alumnos.





domingo, 6 de diciembre de 2015

2ª reunión do grupo “Merlín e familia”

Entre as actividades desenvolvidas durante o primeiro trimestre do curso, Clubiblioneme centra o seu labor de dinamización no teatro. Así, o Grupo “Merlín e familia” adicoulle a xuntanza do 23 de novembro a un excelente autor teatral, H. Ibsen, e a súa obra, Casa de bonecas. A súa temática rupturista, a evolución dos persoaxes, o papel da muller ou o reflexo da sociedade da época foron algúns dos aspectos comentados.




A lectura desta obra, ademais de resultar unha experiencia interesante e gratificante, iniciou un camiño que nos levará a coñecer outras obras deste xénero.

Nora.- (…) Creo ante todo que son un ser humano, igual ca ti…ou, polo menos o debo intentar (…)
(Acto terceiro.- Casa de bonecas)

Os membros do grupo quedaron emplazados para  a seguinte xuntanza,  o luns 14 de decembro. Nesta reunión analizaremos a obra A.Christie Dez negriños.