lunes, 7 de octubre de 2019

Inicio das actividades do Club de Lectura

Un curso máis iniciamos as actividades do noso Club.
Este curso trae moitas novidades. Sandra Potente Valcarce, Coordinadora do Club de Lectura, trasladouse para outro centro. O labor realizado en Biblioneme é unha mostra da súa profesionalidade, implicación, xenerosidade e cariño cara á cominidade educativa do IES Monte Neme.
Gracias por todo o que nos ensinaste e non te esquezas de que sempre formarás parte de Biblioneme.
Continuamos coas actividades do Club e quedamos en boas mans. Catalina López Pérez será a nosa coordinadora a partir deste curso.
O luns, 7 de outubro, empezamos coas actividades do grupo “O monte dos libros”. Entre outras, as actividades teatrais serán un motor importante neste trimestre: participación no Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” e preparación da obra teatral que representaremos en decembro.
Ademais, compartiremos lecturas e participaremos en diferentes actividades ao redor dos libros e da biblioteca.





A partir de este curso, todas as actividades do CluBiblioneme serán difundidas a través deste blog.



jueves, 15 de junio de 2017

Oitava xuntanza do grupo “Merlín e familia”

“Detrás de cualquier éxito profesional hay siempre una persona que no se ve, pero sin cuya dedicación sería imposible desarrollar a fondo una labor creativa”
Szabo, M.- La puerta

O pasado 12 de xuño o grupo “Merlín e familia” celebrou a última xuntanza deste curso.  Analizamos La puerta, novela da autora húngara Magda Szabo.


O concepto da amizade por riba das barreras sociais, a dependencia, a dominación, etc, e unha porta cuxa apertura pon o auténtico final a esta obra.
A boa acollida desta lectura fixo que outras obras desta autora despertasen o noso interese:
La balada de Iza
Calle Katalin

A lectura proposta para o verán será Ilustrísima de Carlos Casares, Letras Galegas 2017.



Bo Verán e ata o vindeiro curso!

lunes, 12 de junio de 2017

Portugués


Este luns, o alumnado do club de lectura, gozou da lectura do libro ilustrado Achimpa da ilustradora portuguesa Catarina Sobral.

Ana Gravata, profesora de portugués da UDC, acompañounos este día e leunos o libro en portugués. Tamén aproveitamos para preguntarlle cuestións da lingua portuguesa, tan próxima á nosa lingua.



Grazas por acompañarnos Ana!

viernes, 28 de abril de 2017

Actividade extraescolar

O día 27 de abril o clubiblioneme realizou unha excursión á A Coruña para visitar o Arquivo Histórico de Galicia e a exposición de Urbano Lugris, realizando a actividade "Restaurando a Lugrís". Foron unhas actividades moi interesantes.








martes, 25 de abril de 2017

Séptima xuntanza do grupo “Merlín e familia”



“Eu son os libros que lin”
Agustín Fernández Paz

Dentro das actividades para homenaxear ao escritor, Agustín Fernández Paz, os membros do grupo “Merlín e familia” comentaron, o pasado 24 de abril,  a novela Non hai noite tan longa.

Destacamos como o autor consegue manter o inerese do lector. Ademais, sorprendiunos unha temática que mixtura a vinganza e a esperanza, a xustiza e un futuro que libera das pantasmas do pasado.


Na vindeira xuntanza, o 12 de xuño, analizaremos La puerta, novela da autora húngara Magda Szabo.


Boa lectura!