miércoles, 8 de enero de 2020

Representación teatral Nadal 2019

O venres, 20 de decembro, celebrouse, no Salón de Actos do IES Monte Neme, o Festival de Nadal 2019. Neste acto, o grupo "O monte dos libros" do CluBiblioneme representou a obra Supéndese a función.
Queremos agradecer e destacar o traballo realizado por este grupo de xóvenes actores e actrices, que, con entusiasmo, constancia e ledicia, nos ofreceron unha excelente representación.
Noraboa

viernes, 20 de diciembre de 2019

“ O monte dos libros”. Lecturas do primeiro trimestre

As lecturas do primeiro trimestre tiveron gran aceptación entre @s integrantes do grupo “O monte dos libros”. Unha mostra a temos nesta reseña sobre A maldición de San Brandán, de Paulo Calvo, que nos ofrece Jesús Manuel Rey Gómez (3ª ESO B).
Moitas Grazas.


“A maldición de San Brandán é unha obra relativamente breve, na que o lector se ve atrapado dende o inicio. Está formada por tres historias atemporais nas que un obxecto pasará de man en man, sen deterse nin un momento,todos o desexan e ninguén o logra manter. A construción dos personaxes vaise facendo máis evidente conforme avanza a trama, nas poucas pinceladas da realidade que nos deixan observar, estes vanse desenvolvendo cunha soltura perfecta, case imperceptible, na que as súas motivacións ―e a dos seus inimigos, por moi desapercibidos que logren pasar― vanse evidenciando cada vez máis, primando o ben propio antes do común. É unha novela de intereses e conflitos, de destinos cruzados que buscan rematar nun común, onde a cobiza dos homes manipula a toda a humanidade ―ou parte, depende do punto de vista―, e poida que todo non sexa tan fermoso como aparenta.”


Jesús Manuel Rey Gómez

3ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

 “Quen era eu se non un mísero taxista ao que lle pracía ler novelas e fedellar polas corredoiras en nimiedades propias de xentes en común? Pero enlear cun sarillo así, nada menos que resolver a papeleta de se un alto personaxe da política galega está ou non relacionado cos nazis de despois das guerras, semellaba unha tarefa para mentes máis lúcidas, (…)”
Quiroga, X.- Izan o da saca



Izan o da saca, novela de X. Quiroga, foi a lectura que centrou o debate na 3ª xuntanza, o 16 de decembro, do grupo “Merlín e familia”. Acción, thriller, novela negra e histórica rememora un pasado que transcorre entre a Guerra Civil e a Posguerra.
O 20 de xaneiro xuntarémonos para analizar a obra de Laetitia Colombani, La trenza.





jueves, 5 de diciembre de 2019

"Comenzan os ensaios"

O grupo "O monte dos libros" iniciou os ensaios da obra que representará no Festival de Nadal. Os membros do grupo, moi implicados, están disfrutando moito con esta actividade.



martes, 19 de noviembre de 2019

2ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


“A felicidade non existe. O único que existe é o desexo de ser feliz.”
Antón Chéjov

O 18 de novembro reuniuse o grupo “Merlín e familia” co obxectivo de comentar a lectura das obras de Chéjov A gaivota, O tío Vania, As tres irmás e O xardín das cerdeiras. A través delas descobrimos o fracaso duns personaxes nunha sociedade feudal que se desintegra.

“É necesario que na escea todo sexa tan complexo e tan sinxelo como na vida”
Antón Chéjov


O vindeiro encontro será o 16 de decembro. Analizaremos Izan o da saca de X. Quiroga.

martes, 29 de octubre de 2019

1ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

O luns, 28 de outubro, o grupo “Merlín e familia” iniciou as actividades deste curso. A valoración das lecturas do verán e as recomendacións lectoras foron os temas tratados nesta reunión.
Este curso o grupo está integrado por:

-Marga Carballido Novo (familiar).
-Laura Cortiñas Pérez (profesora).
-Consuelo Gago Bello (familiar).
-Celeste Lago Bello (familiar).
-Cruz Lema Álvarez (familiar).
-Dolores Míguez Benítez (familiar).
-Sonia Otero (familiar).
-Gema Reino Rodríguez (familiar).
-Francisco Rivera Crespo (profesor).
-María Rodríguez (familiar).
-Pilar Serrano Cela (moderadora).

No vindeiro encontró, o 18 de novembro, comentaremos as obras teatrais de Chéjov  A gaivota, O tío Vania, As tres irmás e O xardín das cerdeiras.



lunes, 21 de octubre de 2019

Participación no XIX Concurso Escolar Teatro Lido, Xosé Manuel Eirís

O IES Monte Neme participa, através do Club de Lectura, no XIX Concurso Escolar Teatro Lido, Xosé Manuel Eirís cos seguintes grupos:
*Os Teatreiros do Monte Neme. Formado por ALICIA ABELENDA CAMBÓN, LUCÍA CARRO RODRÍGUEZ, SIYUAN HE e IRIS MOUZO PÉREZ, alumnado de 4º ESO, nos trasladan a Idade Media coa obra "Crispín".


*NEME TEATRO:  Con SARA ABELENDA COSTA, ANTÍA DOMÍNGUEZ REY, LAURA GARCÍA BALSA e SARA PUÑAL ABELENDA, alumnas de 2º e 3º ESO,viaxamos ao futuro e concienciámonos sobre o medio ambiente con "O planeta perfecto"
O luns, 21 de outubro, gravaron a súas interpretacións nos estudos de Radio Voz en  Carballo.
¡¡¡Moita Sorte!!!