O 12 de xullo de 2016 o escritor
Agustín Fernández Paz deixounos. Mais a súa obra seguirá con nós, formando
lectores e facéndonos disfrutar das mellores historias.
O CluBiblioneme desexa homenaxear
a este escritor. Así, os integrantes do grupo “O monte dos libros” lerán é comentarán, ao longo do segundo
trimestre, unha obra de Agustín Fernández Paz entre as seguintes propostas:
-Tres pasos polo misterio
-As flores radioactivas
-Contos por palabras
-Trece anos de Branca
-Amor dos quince anos, Marilyn
-O centro do laberinto
-Aire negro
-Corredores de sombras
-Noite de voraces sombras
-A neve interminable
-Unha lúa na fiestra
-Avenida do parque, 17
-Lúa do Senegal
-O laboratorio do doutor Nogueira
-Unha lúa na fiestra
Remataremos o trimestre
visionando e facendo unha lectura dramatizada do álbum ideado e ilustrado por
Jorge Magulis he escrito por Agustín Fernández Paz, A dama da luz.
No terceiro trimestre o grupo
“Merlín e familia” lerá Non hai noite tan
longa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario