viernes, 20 de marzo de 2020
lunes, 9 de marzo de 2020
Pola senda dos faros
O 9 de marzo o Equipo de Biblioneme organizou unha “expedición” para realizar a etapa Cemiterio dos Ingleses - Camariñas, pertencente á Senda dos Faros.
O alumnado participante (grupos de 3º ESO, alumnado 2º ESO que cursa a Materia de Libre Configuración INEIN e o grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme) disfrutou dun percorrido excepcional, no que participaron activamente os profesores Jorge Velasco, organizando o percorrido, e Diego Carril, actuando como o mellor Cicerone local.
Ademais, contamos coa colaboración do Concello de Camariñas. Bernardino Martínez Castiñeira, guía turístico deste concello, informounos dos naufraxios ocorridos na zona, relatounos a historia do Cimiterio dos Ingleses e as peculiaridades da construcción do faro do Cabo Vilán. Así mesmo, coñecemos múltiples anécdotas, recuperamos lendas e descubrimos a fermosa realidade que hai nestas paraxes.
Rematada a nosa ruta, viñeron a saudarnos a Alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua Rial, e a Concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro Pouso.
Dende Biblioneme queremos mostrar o noso agradecemento a tod@s que fixeron posible esta experiencia:
Jorge Velasco, Diego Carril, Javier Fraga Pose, representantes do Concello de Camariñas e alumnado do IES Monte Neme.
Moitas grazas.
jueves, 5 de marzo de 2020
5ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”
“Aqueles vinte e dous pequenos eran xa o material máis delicado transportado nunca ás Américas, e estaban ao seu cargo.
Ese mesmo día comezaron a escribir a Historia.”
Solar, María.- Os nenos da varíola
A fazaña realizada pola Expedición Balmís, a realidade científica e social da época e a figura de Isabel Zendal centraron os comentarios da obra de María Solar, Os nenos da varíola.
Como a primeira enfermeira da Historia en misión internacional, Isabel Zendal é un referente, cuxo traballo e sacrificio queremos destacar neste mes que conmempramos o Día Internacional da Muller.
Na vindeira xuntanza, o 20 de abril, homenaxearemos a figura de Miguel Delibes no centenario do seu nacemento.
miércoles, 4 de marzo de 2020
Somos STEAM
As actividades do segundo trimestre de Club de Lectura estarán vinculadas a contidos STEAM. Investigación, observación, descubrimentos e información formarán parte da temática das obras escollidas para ser comentadas nos grupos do Club.
-Kelly, Jacqueline.- A evolución de
Calpurnia Tate
-Fraga, Antonio M.- O bestiario
científico de Anxos Nogueirosa
-Paz, Xabier.- Galileo no espello da
noite
-Solar, María.- Os nenos da varíola
Ademais, a inclusión,
sempre presente nas nosas actividades, se fará máis visible a
través da análise da obra de Raquel Palacio, La lección de
August.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Un curso máis iniciamos as actividades do noso Club. Este curso trae moitas novidades. Sandra Potente Valcarce, Coordinadora do Club ...
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
O xoves, 10 de novembro, o grupo “O Monte dos Libros” inicia as súas actividades. Os integrantes son: ü Celia Ures Rodríguez ü Valer...