lunes, 9 de marzo de 2020

Pola senda dos faros

O 9 de marzo o Equipo de Biblioneme organizou unha “expedición” para realizar a etapa Cemiterio dos Ingleses - Camariñas, pertencente á Senda dos Faros.

O alumnado participante (grupos de 3º ESO, alumnado 2º ESO que cursa a Materia de Libre Configuración INEIN e o grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme) disfrutou dun percorrido excepcional, no que participaron activamente os profesores Jorge Velasco, organizando o percorrido, e Diego Carril, actuando como o mellor Cicerone local.

Ademais, contamos coa colaboración do Concello de Camariñas. Bernardino Martínez Castiñeira, guía turístico deste concello, informounos dos naufraxios ocorridos na zona, relatounos a historia do Cimiterio dos Ingleses e as peculiaridades da construcción do faro do Cabo Vilán. Así mesmo, coñecemos múltiples anécdotas, recuperamos lendas e descubrimos a fermosa realidade que hai nestas paraxes.
Rematada a nosa ruta, viñeron a saudarnos a Alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua Rial, e a Concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro Pouso.

Dende Biblioneme queremos mostrar o noso agradecemento a tod@s que fixeron posible esta experiencia:
Jorge Velasco, Diego Carril, Javier Fraga Pose, representantes do Concello de Camariñas e alumnado do IES Monte Neme.

Moitas grazas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario