“Os deuses son xusticeiros e as nosas culpas son o máis seguro executor da xustiza.”
O rei Lear, de William Shakespeare.
O 30 de novembro o grupo “Merlín e familia reuniuse, de forma
virtual ata que a situación sanitaria cambie, co propósito de comentar a obra
de Shakespeare, O rei Lear.
Cruz, Vanesa e Celeste coincidiron en que estabamos ante unha
obra complexa, con tramas paralelas que profundizan na condición humana a
través das relacións familiares.
Asi mesmo, Sonia destacou a ausencia de valores morais e para
Gema o rei desexa vingar a súa vanidade.
Loly e Chelo incidiron en como se representa a
vulnerabilidade do ser humano.
Finalizamos a posta en común coa reflexión de Laura, “Shakespeare
é un orfebre dos sentimentos”, que foi secundada pola maioría: debemos
reflexionar sobre as expectativas que temos cos nosos fillos.
O 21 de decembro conectarémonos para conmemorar o centenario
do pasamento de Galdós. Analizaremos as obras de Galdós elixidas polos membros
do grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario