O 12 de maio, no centenario da súa morte, o Grupo “Merlín e familia” homenaxeou á figura de Emilia Pardo Bazán coa lectura de El encaje roto. Antología de cuentos de violencia contra las mujeres.
Reivindicamos o feminismo desta autora que non conseguiu
entrar na RAE, mais logrou ser a primeira muller en presidir a sección
literaria do Ateneo de Madrid e obter unha cátedra de literaturas neolatinas na
Universidad Central desta cidade.
Todos os relatos desta antoloxía parecéronnos fáciles de ler,
todos protagonizados por mulleres e moi interesantes. Destacamos El
indulto, El encaje roto, Sí Señor, e El mechón blanco.
Todos eles reflicten , como ven sinala Celeste, a violencia
que soportaban as mulleres da súa época e as súas loitas. Historias breves,
pero intensas.
Ademais, salientamos a marabillosa forma de narrar desta
escritora universal.
“No se
hubiesen convencido jamás. Lo natural y lo vulgar es lo que no se admite.
Preferí dejar creer que había razones de esas que llaman serias …”
No hay comentarios:
Publicar un comentario