“Propoño
ao lector un desprazamento polo tempo, para comprender o que está sucedendo no
presente, neste caso hai que viaxar ao pasado para desvelar un segredo arredor
de Rosalía de Castro.”
Pedro Feijoo
O 20 de decembro reuniuse
o grupo “Merlín e familia” co propósito de comentar a obra de Pedro Feijoo, A memoria da
choiva.
Todos os membros do grupo
coincidimos en que é unha obra moi entretida e que mantén, como boa novela policíaca,
a intriga de forma moi efectiva. Mais, a sua orixinalidade establécese polas
referencias á literatura (poemas de Rosalía de Castro enviados aos
protagonistas) e polas localizacións, nada casuais, en Compostela.
“Aqueles
foron anos bárbaros, meu amigo. A brutalidade do Réxime acabara prácticamente
con todo o que algún día fora noso, e agora necesitaba apropiarse do pouco que
quedase en pé. Rosalía, con todo o que puidese representar, era daqueles poucos
símbolos identificadores que aínda permanecían na memoria do pobo, e como tal
cumpría apoderarse del. (…)”
Feijoo,P.- A memoria da choiva
En definitiva, unha obra
que dá paso á lectura doutras novelas deste autor.
Xuntarémosnos o vindeiro 1
de xaneiro para falar dos Cuentos de Eva Luna de Isabel Allende.
No hay comentarios:
Publicar un comentario