martes, 15 de marzo de 2022

Reflexións lectoras, segundo trimestre: falamos de libros

 Remata un trimestre no que as lecturas das obras de Andrea Maceiras centraron a actividade lectora do Grupo “O monte dos libros”.

O 14 de marzo, na reunión do grupo “O monte dos libros” reflexionamos sobre as obras seleccionadas ao inicio do trimestre.

Proxecto bolboreta foi a elección de Sara e Natalia. Consideran que o novidoso da obra está na unión do amor e da ciencia a través de varias historias de amor que se conectan entre si.


“Cando a miña mellor amiga cumpriu dezaoito anos quixen facerlle un regalo especial que celebrase a súa (nosa) maioría de idade. Como sabía que lle gustaban as libélulas, bolboretas e, en xeral, toda clase de insectos alados, escribín un conxunto de relatos inspirados nesta temática. 

Un deles foi o xerme da que sería a miña primeira novela, Proxecto Bolboreta, que relata a historia dun extravagante matemático, merecedor do Premio Ignobel pola investigación absurda e fermosa que acomete en soidade para demostrar, finalmente, que todo é posible se o desexamos de verdade.”

                                                                        Andrea Maceiras


https://andreamaceiras.com/gl/libros-gl/proxecto-bolboreta-gl/


Kevin, Eva e Carme opinan que Europa Express é unha novela de descubrimentos: diferentes lugares e unha intriga que cambiará a vida dos protagonistas.

Ademáis, interesoulles a experiencia en Interrail con amigos.

“Todos temos dereito a ter un pasado, tamén Aroa. Pero ese pasado non vai regresar, igual que as cousas que aparecen nas fotografías non sois reais. Son parte das vidas que pode ter unha persoa.”

Maceiras, A.- Europa Express

Respecto a O que sei do silencio, Nerea, Alba, Uma e Adriana sinalan a súa orixinalidade: escrita como se fose un blog e narrada en primeira persoa por unha acosadora. E todo dentro do contexto da importancia das redes sociais para os rapaces de hoxe en día.

“Todos afirmamos desexar a liberdade, pero non é verdade: a liberdade é complicada, doe, xera conflitos. É moito máis doado seguir normas, permitir que os demais nos digan o que temos que facer.”

                           Maceiras, A.- O que sei do silencio

No hay comentarios:

Publicar un comentario