miércoles, 27 de enero de 2021

4ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


https://www.xerais.gal/libro.php?id=47928

“Ti sabes o que é a dor fantasmal? Din que é a peor das dores. Unha dor que chega a ser insoportable. A memoria da dor.”

O 25 de xaneiro reuniuse virtualmente o grupo “Merlín e familia”. Comentamos a obra de Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro. Publicada en 1998, coa Guerra Civil de fondo, asistimos a vida duns prisioneiros ao inicio do conflicto en Galicia. O lapis de carpinteiro, co que un preso recrea o Pórtico da Gloria cos rostros dos seus compañeiros, será o fío conductor da obra.

Estes son os comentarios realizados por algún dos membros deste grupo:

Vanesa destacou os saltos temporais e a perspectiva narrativa. Considera que é unha grande historia de amor.

A Sonia resultoulle difícil o inicio da lectura, mais gustoulle moito. Sinala a descripción dos personaxes, especialmente Herbal, e o lapis como elementos principais.

Para Loli e Chelo estamos ante unha fermosa historia de amor en tempos de guerra. Así opina Laura engadindo, como indicou Pilar, que é, fundamentalmente, unha historia de personaxes.

Mercedes reivindica o papel de Marisa nesta obra, unha muller que vence todos os obstáculos para estar co seu amor.

Celeste opina que a súa estructura narrativa dificulta a lectura desta obra.

Ademais, comentamos a versión cinematográfica, dirixida por Antón Reixa.


                                   https://vimeo.com/91736655


A seguinte lectura será Claroscuro de Nella Larsen. Reunirémonos o 22 de febrero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario