lunes, 11 de enero de 2021

Propostas lectoras para o segundo trimestre

Grupo “O monte dos libros”

As seguintes obras de Ledicia Costas serán as propostas lectoras para este segundo trimestre:

Con Unha estrela no vento teremos moi presente a inclusividade, temática  que apoiaremos coa lectura de Recinto gris.

O corazón de Xúpiter acercará aos membros deste grupo ás vivencias duns rapaces moi especiais.

Finalmente, os relatos de Un animal chamado néboa descubrirán, no contexto histórico da II Guerra Mundial, o comportamento das persoas en circunstancias extremas.



BOAS LECTURAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario