Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro foi a obra elixida para rematar as actividades deste grupo, condicionadas por esta larga pandemia que estamos padecendo.
Con esta novela, que da nome a este grupo, publicada en 1955,
Cunqueiro comezou a súa obra narrativa. Estamos ante a historia dun Merlín
vello, refuxiado nas terras de Miranda, que nos chega a través do relato do
paxe Felipe de Amancia.
Na xuntanza virtual do 14 de xuño, descubrimos o dominio
deste autor da historia medieval, da materia de Bretaña e do mundo celta.
A unión de historias imaxinadas con relatos absurdos e as
referencias artúricas son os aspectos da obra que máis sorprenderon a Gema e a
Mercedes.
Sen dúbida a unión da maxia e da fantasía coa realidade
galega diríxenos a un realismo máxico galego. Así o comentaron Pilar,
Celeste e Loli.
Culta, imaxinativa e moi divertida foron os adxectivos cos
que calificaron esta novela Marga, Chelo e Vanesa.
“Verdade ou mentira, aqués anos da vida ou da
imaxinación foron enchendo cos seus fíos o fuso do meu esprito i agora podo
tecer o pano distas historias, novelo a novelo.”
Merlín é Familia
Rematamos as reunións
deste curso, condicionado pola pandemia. Esperamos que o vindeiro podamos retomar as reunións presenciais.
O equipo de CluBiblioneme quere agradecer a fidelidade
mostrada por todos os membros deste grupo que, virtualmente, seguiron ampliando
as súas xeografías lectoras e crecendo como grupo e como lector@s.
Ata o próximo curso.
Bo verán e boas lecturas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario