“É
unha verdade recoñecida globalmente que un home rico, que posúe unha gran
fortuna, necesita unha muller.”
Orgullo e prexuízo
A
novela de Jane Austen, Orgullo e prexuízo, foi a obra escollida
para rematar as xuntanzas do grupo “Merlín e familia” este curso.
Obra
clásica da literatura inglesa que mestura melodrama, crítica, romanticismo e
costumismo. Mais, todos os membros do grupo salientaron a crítica que reflicte
sobre a situación da muller na Inglaterra de principios do século XIX.
Ademais,
Gema, Celeste e Vanesa resaltaron a interesante evolución dos personaxes, así
como a rebeldía nas actitudes e decisións de Elizabeth Bennet.
Despedimos
as reunións deste grupo neste curso.
Bo verán e boas lecturas !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario