miércoles, 15 de junio de 2022

REFLEXIÓNS LECTORAS. Grupo “O monte dos libros”

Coñecer e experimentar o Camiño de Santiago a través de lecturas foi o obxectivo deste trimestre coas lecturas seleccionadas polo grupo.

Endrina e o segredo do peregrino foi a proposta lectora elixida por Adriana e Alba. O que máis lles interesou foi o personaxe de Endrina, como evoluciona e o que atopa e investiga no camino.


A novela gráfica Un noruego en el Camino de Santiago é considerada por Kevin, Nerea e Uma como unha obra cómica, con momentos especialmente divertidos, vividos en primeira persoa polo autor. Sinalan que o máis interesante desta obra non é o camiño. O importante son as experiencias e os pensamentos que xenera o traxecto.


Para Sara, Carme, Natalia e Eva a lectura de A arte de trovar de Santiago Lopo resultou moi interesante por varias cuestións: ofrece moitos datos da realidade cultural (importancia da lírica galego-portuguesa), política e social da Galicia do século XIII. Así mesmo, atopáronse cunha novela cuxa intriga as atrapou desde o primeiro intre.


Despedimos este curso coas recomendacións lectoras de Biblioneme para este verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario