jueves, 25 de febrero de 2021
5ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”
miércoles, 24 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA 2021
Sempre Rosalianos
“Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino.”
Este curso, condicionado pola pandemia, Biblioneme conmemora o Día de Rosalíade Castro aproximándonos a súa producción literaria en prosa.
Sara Abelenda Costa, Eva Viaño Vázquez e Ivana Vila Mallo, alumnas de 3º ESO A e membros do grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme, colaboraron na gravación do podcast da Bibloteca en RadioNeme.
Podedes entrar no seguinte enlace para escoitalo:
jueves, 4 de febrero de 2021
Segundo premio do Concurso de Curtas “Senda dos faros"
O IES Monte Neme ven de gañar o segundo premio do Concurso de Curtas “Senda dos faros”, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co proxecto“De naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos Ingleses a Camariñas”.
Coordinado e elaborado polo equipo da biblioteca, este proxecto contou coa participación dos grupos de 3º ESO, do alumnado de INEIN (Investigación e Tratamento da Información, 2º ESO) e do grupo “O monte dos libros” do Club de Lectura. Para levar a cabo esta experiencia, foi fundamental a colaboración dos profesores Jorge Velasco, Diego Carril, Javier Fraga Pose, do alumnado de Música de 1º Bacharelato, do Concello de Camariñas e o apoio entusiasta de Charo Couto, Directora do centro.
Moitas Grazas
a tod@s.
Equipo
Biblioneme
(Catalina López Pérez, Mª José Pombo Pose e Pilar Serrano Cela)
Enlaces de
interese:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33116
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_concursocurtassendadosfaros.pdf
http://animacionlectura.blogspot.com/2020/03/o9-de-marzo-o-equipo-de-biblioneme.html
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X55215/ies-cachada-boiro-ies-monte-neme-carballo-conservatorio-xan-viano-ferrol-ganan
miércoles, 27 de enero de 2021
4ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”
https://www.xerais.gal/libro.php?id=47928
“Ti sabes o que é a dor fantasmal? Din que é a peor das dores. Unha dor
que chega a ser insoportable. A memoria da dor.”
O 25 de
xaneiro reuniuse virtualmente o grupo “Merlín e familia”. Comentamos a obra de
Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro. Publicada en 1998, coa Guerra Civil
de fondo, asistimos a vida duns prisioneiros ao inicio do conflicto en Galicia.
O lapis de carpinteiro, co que un preso recrea o Pórtico da Gloria cos rostros
dos seus compañeiros, será o fío conductor da obra.
Estes son os comentarios realizados por algún dos membros
deste grupo:
Vanesa destacou os saltos temporais e a perspectiva
narrativa. Considera que é unha grande historia de amor.
A Sonia resultoulle difícil o inicio da lectura, mais
gustoulle moito. Sinala a descripción dos personaxes, especialmente Herbal, e o
lapis como elementos principais.
Para Loli e Chelo estamos ante unha fermosa historia de amor
en tempos de guerra. Así opina Laura engadindo, como indicou Pilar, que é,
fundamentalmente, unha historia de personaxes.
Mercedes reivindica o papel de Marisa nesta obra, unha muller
que vence todos os obstáculos para estar co seu amor.
Celeste opina que a súa estructura narrativa dificulta a
lectura desta obra.
Ademais, comentamos a versión cinematográfica, dirixida por Antón Reixa.
lunes, 11 de enero de 2021
Propostas lectoras para o segundo trimestre
Grupo “O monte dos libros”
As seguintes obras de Ledicia Costas serán as
propostas lectoras para este segundo trimestre:
Con Unha estrela no vento teremos
moi presente a inclusividade, temática que apoiaremos coa lectura de Recinto
gris.
O
corazón de Xúpiter acercará aos membros deste grupo ás vivencias
duns rapaces moi especiais.
Finalmente, os relatos de Un
animal chamado néboa descubrirán, no contexto histórico da II Guerra
Mundial, o comportamento das persoas en circunstancias extremas.
BOAS LECTURAS!!!
miércoles, 23 de diciembre de 2020
3ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”
“Yo no
tengo la culpa de que la vida se nutra de la virtud y del pecado, de lo hermoso
y de lo feo.”
Benito Pérez
Galdós
Na xuntanza virtual do 21 de decembro, o grupo “Merlín e
familia” conmemorou o centenario da morte de B. Pérez Galdós analizando
algunhas das súas obras máis representativas.
Loly centra os seus comentarios en Misericordia
e, en concreto, no personaxe de Benina, muller xenerosa, boa.
“Es ley que los mayores conserven el afecto a la descendencia, aunque esta les martirice, les maltrate y les deshonre”. Misericordia
A elección
de Sonia e Chelo foi Marianela, obra triste que plantexa como é o
ser humano.
“Hay en nuestras sociedades enemigos muy espantosos, a saber:
la especulación, el agio, la metalización del hombre culto, el negocio; pero
sobre estos descuella un monstruo que a la callada destroza más que ninguno: es
la codicia del aldeano”.
Marianela
Misóxino e célibe, Manso namórase na súa madurez e non será
correspondido. Esta é a reseña de Gema El amigo Manso.
Celeste
e María coincidiron na lectura de Doña Perfecta. Trama na que se
enfrontan a ideoloxía conservadora e a liberal representadas, respectivamente,
por doña Perfecta e Pepe Rey.
“Los
ciegos serían felices en este país, que para la lengua es paraíso y para los
ojos infierno”.
Doña Perfecta
A
novela dialogada El abuelo foi a elixida por Cruz, que incide en
como Galdós plasma nesta obra todos os rasgos da novela realista.
“Qué
malo es ser bueno”
El abuelo
Pilar comentou Tristana, posiblemente a obra
máis feminista de Galdós, e o retrato histórico-social do Madrid de finais do
século XIX que ofrece Fortunata y Jacinta.
“Aspiro a no depender de nadie, ni del hombre que adoro. No quiero ser su manceba, tipo innoble, la hembra que mantienen algunos individuos para que les divierta, como un perro de caza; ni tampoco que el hombre de mis ilusiones se me convierta en marido. No veo la felicidad en el matrimonio. Quiero, para expresarlo a mi manera, estar casada conmigo misma, y ser mi propia cabeza de familia. No sabré amar por obligación; sólo en la libertad comprendo mi fe constante y mi adhesión sin límites. Protesto, me da la gana de protestar contra los hombres que se han cogido todo el mundo por suyo, y no nos han dejado a nosotras más que las veredas estrechitas por donde ellos no saben andar…”
Tristana
“Vivir es relacionarse, gozar y padecer, desear, aborrecer y
amar. La lectura es vida artificial y prestada, el usufructo, mediante una función
cerebral, de las ideas y sensaciones ajenas, la adquisición de los tesoros de
la verdad humana por compra o por estafa, no por el trabajo."
Fortunata y
Jacinta
Ademais, comentamos o programa Imprescindibles de
RTVE, adicado á figura de Galdós, que, previamente, visionaramos.
https://www.rtve.es/television/20201202/claves-documental-benito-perez-galdos/2059066.shtml
Voltaremos o 25 de
xaneiro coa obra de Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro
Bo Nadal e Boas Lecturas!!!
lunes, 21 de diciembre de 2020
REFLEXIÓNS LECTORAS
Trasladamos algunhas das reflexión que realizaron os membros do grupo “O monte dos libros” sobre as propostas lectoras do primeiro trimestre.
Kevin, Nerea, Uma e Yaiza sinalaron como en Trampa
de Luz de Agustín Agra a historia enlaza o misterio e o fantástico co
respecto á natureza. Iria e Melisa destacaron o papel da protagonista.
Elisa e Jesús comentaron que Lovecraft trasladaba
maxistralmente nos seu relatos o terror inconsciente que está na mente das
persoas.
Laura, moi aficionada á mitoloxía, quedou sorprendida coa
lectura de O misterio das Burgas,
de Andrés Pombo. Indica que a obra descobre un Ourense diferente, onde
reina o misterio, a bruxería e a mitoloxía.
-
Rematamos os nosos encontros literarios coa lectura de Fahrenheit 451, de Ray Bradbury. Reflexionamos sobre a importancia da Literatura ...
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Desta volta o libro elixido foi O diario de Carlota , de Gemma Lienas. Trátase dun diario no que a protagonista de catorce anos reflexiona,...






















