jueves, 10 de noviembre de 2022

Inicio das actividades do grupo “O Monte dos Libros”

 O xoves, 10 de novembro, o grupo “O Monte dos Libros” inicia as súas actividades.

Os integrantes son:

ü Celia Ures Rodríguez

ü Valeria Rodríguez Cotelo

ü Aisha González Eirís

ü Zaira Fraga Tasende

ü Marcos Loureiro Castro

ü Alberto Santamaría Villar

ü Nerea Antelo Benítez

ü Alba Eirín Castelo

ü Alexia Marta Varela

ü Estela Rodríguez Hurtado de Mendoza

A proposta para o primeiro trimestre é “Medo” de Care Santos.

miércoles, 15 de junio de 2022

REFLEXIÓNS LECTORAS. Grupo “O monte dos libros”

Coñecer e experimentar o Camiño de Santiago a través de lecturas foi o obxectivo deste trimestre coas lecturas seleccionadas polo grupo.

Endrina e o segredo do peregrino foi a proposta lectora elixida por Adriana e Alba. O que máis lles interesou foi o personaxe de Endrina, como evoluciona e o que atopa e investiga no camino.


A novela gráfica Un noruego en el Camino de Santiago é considerada por Kevin, Nerea e Uma como unha obra cómica, con momentos especialmente divertidos, vividos en primeira persoa polo autor. Sinalan que o máis interesante desta obra non é o camiño. O importante son as experiencias e os pensamentos que xenera o traxecto.


Para Sara, Carme, Natalia e Eva a lectura de A arte de trovar de Santiago Lopo resultou moi interesante por varias cuestións: ofrece moitos datos da realidade cultural (importancia da lírica galego-portuguesa), política e social da Galicia do século XIII. Así mesmo, atopáronse cunha novela cuxa intriga as atrapou desde o primeiro intre.


Despedimos este curso coas recomendacións lectoras de Biblioneme para este verán.

martes, 7 de junio de 2022

8ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


“É unha verdade recoñecida globalmente que un home rico, que posúe unha gran fortuna, necesita unha muller.”

                                                               Orgullo e prexuízo

A novela de Jane Austen, Orgullo e prexuízo, foi a obra escollida para rematar as xuntanzas do grupo “Merlín e familia” este curso.

Obra clásica da literatura inglesa que mestura melodrama, crítica, romanticismo e costumismo. Mais, todos os membros do grupo salientaron a crítica que reflicte sobre a situación da muller na Inglaterra de principios do século XIX.

Ademais, Gema, Celeste e Vanesa resaltaron a interesante evolución dos personaxes, así como a rebeldía nas actitudes e decisións de Elizabeth Bennet.

Despedimos as reunións deste grupo neste curso.

Bo verán e boas lecturas !!!

lunes, 6 de junio de 2022

Representación do Grupo “O monte dos libros”

 O 6 de xuño rematamos as actividades da “Aula de teatro” do grupo “O monte dos libros” coa representación O chip experimental.

No Salón de Actos do Centro, o alumnado dos grupos de 1º e 2º da ESO puido disfrutar desta divertida e excelente obra, representada por un elenco que, por primeira vez, subía a un escenario.


NORABOA!!!

lunes, 23 de mayo de 2022

“Últimos ensaios”

 O alumnado do grupo “O monte dos libros” ultima os ensaios da obra O chip experimental.


Nervios e emocións entrecrúzanse coa responsabilidade de realizar unha representación que demostre o aprendido nas leccións da “Aula de teatro”.

Xa queda pouco para disfrutar do voso esforzo. Ánimo!!!

jueves, 5 de mayo de 2022

7ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Din que todos os mosteiros esconden un misterio e, polo menos, unha pregunta. No caso de Santo Estevo, a grande incógnita estaba en pescudar se existirán ou non aqueles nove aneis.”

                                                      O souto dos catro ventos

 A novela de María Oruña, O souto dos catro ventos, foi a obra comentada na reunión do 2 de maio do grupo “Merlín e familia”.

Novela de intriga e con notas policíacas arredor da lenda dos nove aneis dos bispos do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil.

Os membros do grupo destacaron a fácil lectura, a trama de investigación, a documentación e dúas historias de amor do pasado e do presente.

Na seguinte xuntanza afondaremos na figura de Jane Austen coa análise de Orgullo e Prexuízo.

miércoles, 30 de marzo de 2022

Propostas lectoras para o 3º trimestre. Grupo “O monte dos libros”

Ler o Camiño

Falar do Camiño

O Camiño de Santiago será o fío conductor das propostas lectoras do segundo trimestre. Obras que nos permitirán coñecer, investigar e disfrutar desta experiencia.

       López Narváez, Concha.- Endrina e o segredo do peregrino

https://editorialgalaxia.gal/produto/endrina-e-o-segredo-do-peregrino/

Jason.- Un noruego en el Camino de Santiago

https://www.astiberri.com/products/un-noruego-en-el-camino-de-santiago

  Lopo, S.- A arte de trovar

https://www.xerais.gal/libro.php?id=4675832