"22 segundos" de Eva Mejuto
Alex conta en primeira persoa como vive a súa infancia e adolescencia desde que se dá conta que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer.
"22 segundos" de Eva Mejuto
Alex conta en primeira persoa como vive a súa infancia e adolescencia desde que se dá conta que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer.
O mércores, 24 de xaneiro, reuniuse na biblioteca o grupo "Monte dos Libros" para analizar a obra de Care Santos titulada "Medo".
O xoves, 10 de novembro, o grupo “O Monte dos Libros” inicia as súas actividades.
Os
integrantes son:
ü Celia Ures Rodríguez
ü Valeria Rodríguez Cotelo
ü Aisha González Eirís
ü Zaira Fraga Tasende
ü Marcos Loureiro Castro
ü Alberto Santamaría Villar
ü Nerea Antelo Benítez
ü Alba Eirín Castelo
ü Alexia Marta Varela
ü Estela Rodríguez Hurtado de Mendoza
A proposta para o primeiro trimestre é “Medo” de Care Santos.
Coñecer e experimentar o Camiño de Santiago a través de lecturas foi o obxectivo deste trimestre coas lecturas seleccionadas polo grupo.
Endrina
e o segredo do peregrino foi a proposta lectora
elixida por Adriana e Alba. O que máis lles interesou foi o personaxe de
Endrina, como evoluciona e o que atopa e investiga no camino.
A
novela gráfica Un noruego en el Camino de Santiago é considerada
por Kevin, Nerea e Uma como unha obra cómica, con momentos especialmente
divertidos, vividos en primeira persoa polo autor. Sinalan que o máis
interesante desta obra non é o camiño. O importante son as experiencias e os
pensamentos que xenera o traxecto.
Para
Sara, Carme, Natalia e Eva a lectura de A arte de trovar de
Santiago Lopo resultou moi interesante por varias cuestións: ofrece moitos
datos da realidade cultural (importancia da lírica galego-portuguesa), política
e social da Galicia do século XIII. Así mesmo, atopáronse cunha novela cuxa
intriga as atrapou desde o primeiro intre.
Despedimos
este curso coas recomendacións lectoras de Biblioneme para este verán.
http://animacionlectura.blogspot.com/2022/06/guia-de-lectura-veran-2022.html
Bo
Verán e Boas Lecturas!
“É
unha verdade recoñecida globalmente que un home rico, que posúe unha gran
fortuna, necesita unha muller.”
Orgullo e prexuízo
A
novela de Jane Austen, Orgullo e prexuízo, foi a obra escollida
para rematar as xuntanzas do grupo “Merlín e familia” este curso.
Obra
clásica da literatura inglesa que mestura melodrama, crítica, romanticismo e
costumismo. Mais, todos os membros do grupo salientaron a crítica que reflicte
sobre a situación da muller na Inglaterra de principios do século XIX.
Ademais,
Gema, Celeste e Vanesa resaltaron a interesante evolución dos personaxes, así
como a rebeldía nas actitudes e decisións de Elizabeth Bennet.
Despedimos
as reunións deste grupo neste curso.
Bo verán e boas lecturas !!!