martes, 29 de octubre de 2019

1ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

O luns, 28 de outubro, o grupo “Merlín e familia” iniciou as actividades deste curso. A valoración das lecturas do verán e as recomendacións lectoras foron os temas tratados nesta reunión.
Este curso o grupo está integrado por:

-Marga Carballido Novo (familiar).
-Laura Cortiñas Pérez (profesora).
-Consuelo Gago Bello (familiar).
-Celeste Lago Bello (familiar).
-Cruz Lema Álvarez (familiar).
-Dolores Míguez Benítez (familiar).
-Sonia Otero (familiar).
-Gema Reino Rodríguez (familiar).
-Francisco Rivera Crespo (profesor).
-María Rodríguez (familiar).
-Pilar Serrano Cela (moderadora).

No vindeiro encontró, o 18 de novembro, comentaremos as obras teatrais de Chéjov  A gaivota, O tío Vania, As tres irmás e O xardín das cerdeiras.



lunes, 21 de octubre de 2019

Participación no XIX Concurso Escolar Teatro Lido, Xosé Manuel Eirís

O IES Monte Neme participa, através do Club de Lectura, no XIX Concurso Escolar Teatro Lido, Xosé Manuel Eirís cos seguintes grupos:
*Os Teatreiros do Monte Neme. Formado por ALICIA ABELENDA CAMBÓN, LUCÍA CARRO RODRÍGUEZ, SIYUAN HE e IRIS MOUZO PÉREZ, alumnado de 4º ESO, nos trasladan a Idade Media coa obra "Crispín".


*NEME TEATRO:  Con SARA ABELENDA COSTA, ANTÍA DOMÍNGUEZ REY, LAURA GARCÍA BALSA e SARA PUÑAL ABELENDA, alumnas de 2º e 3º ESO,viaxamos ao futuro e concienciámonos sobre o medio ambiente con "O planeta perfecto"
O luns, 21 de outubro, gravaron a súas interpretacións nos estudos de Radio Voz en  Carballo.
¡¡¡Moita Sorte!!!

martes, 15 de octubre de 2019

Grupo “O monte dos libros”. Inicio de actividades.


O luns, 7 de outubro, o grupo “o monte dos libros” iniciou as súas actividades.
Este curso os integrantes deste grupo son:
1º ESO A
Iria Bustelo García
1º ESO B
Yago Ferreiro López
2º ESO A
Sara Abelenda Costa
Natalia García Hurtado de Mendoza
Yaiza Gende López
Sara Lamas Parafita
Elisa Lendoiro Pazos
Alba Rodríguez Parafita
Silvia Varela Docampo
2º ESO B
Carolina Rojo Mallo
Eva Viaño Vázquez.
3º ESO B
Laura García Balsa
Jesús Manuel Rey Gómez
4ª ESO A
Alicia Abelenda Cambón
Lucía Carro Rodríguez
Iris Mouzo Pérez
4º ESO B
Siyuan He

Concretamos as lecturas do primeiro trimestre, que denominamos “Un terror de lecturas”, pois o medo, o terror e o misterio son as liñas temáticas das obras elixidas:


-Agra, Agustín.- Cazaría Salvaxe





-Calvo, Paulo.- A maldición de San Brandán





-Tomé, Abel.- A noite do lobo









lunes, 7 de octubre de 2019

Inicio das actividades do Club de Lectura

Un curso máis iniciamos as actividades do noso Club.
Este curso trae moitas novidades. Sandra Potente Valcarce, Coordinadora do Club de Lectura, trasladouse para outro centro. O labor realizado en Biblioneme é unha mostra da súa profesionalidade, implicación, xenerosidade e cariño cara á cominidade educativa do IES Monte Neme.
Gracias por todo o que nos ensinaste e non te esquezas de que sempre formarás parte de Biblioneme.
Continuamos coas actividades do Club e quedamos en boas mans. Catalina López Pérez será a nosa coordinadora a partir deste curso.
O luns, 7 de outubro, empezamos coas actividades do grupo “O monte dos libros”. Entre outras, as actividades teatrais serán un motor importante neste trimestre: participación no Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” e preparación da obra teatral que representaremos en decembro.
Ademais, compartiremos lecturas e participaremos en diferentes actividades ao redor dos libros e da biblioteca.





A partir de este curso, todas as actividades do CluBiblioneme serán difundidas a través deste blog.