jueves, 25 de noviembre de 2021

2ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


“Bernarda.- Aquí se hace lo que yo mando. Ya no puedes ir con el cuento a tu padre. Hilo y aguja para las hembras. Látigo y mula para el varón. Eso tiene la gente que nace con posibles.”

F. García Lorca.- La casa de Bernarda Alba

Novembro e teatro van da man no grupo “Merlín e familia”. Así, a lectura comentada o 22 de novembro, na 2ª xuntanza deste grupo, foi La casa de Bernarda Alba de Federico García Lorca.

Obra moi valorada polos membros do grupo, foron moitas as reflexións que apuntaron á visión que ofrece da muller, da época e do ambiente no que se desenvolve a acción.

Reflexionamos sobre o costume antropolóxico do “loito” e relacionámolo coa realidade galega.

Emplazamos ao grupo para o 20 de decembro coa lectura A memoria da choiva de Pedro Feijoo.

martes, 9 de noviembre de 2021

Participación do Grupo “ O monte dos libros” no XX Concurso Escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís.

Os membros do grupo “ O monte dos libros” participaron no XX Concurso Escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Este ano, pola Covid-19, o concurso celebrouse a través do envío de vídeos e os grupos finalistas gravarán a súa lectura dramatizada nos estudios de Radio Voz.

Neme Teatro(alumnas do Grupo “O monte dos libros do CluBiblioneme”: Sara Abelenda Costa, Carme Cebey Rega, Natalia García Hurtado de Mendoza e Eva Viaño Vázquez).

Pódes escoitar a súa dramatización da obra A sorte no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=IUVQys4CUBg


“Os teatreiros do Monte Neme” (alumnado do Grupo “O monte dos libros do CluBiblioneme”: Adriana Antelo García, Nerea Antelo Benítez, Alba Eirín Castillo, Uma Eirís Ferreiro e Kevin Pallas Cebral).

Pódes escoitar a súa dramatización da obra O xuízo de Roxelio Pardiñas “O cucutruxo” no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=Yf5_Z2Wq7dQ