jueves, 23 de diciembre de 2021

3ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Propoño ao lector un desprazamento polo tempo, para comprender o que está sucedendo no presente, neste caso hai que viaxar ao pasado para desvelar un segredo arredor de Rosalía de Castro.”

                                                                        Pedro Feijoo

O 20 de decembro reuniuse o grupo “Merlín e familia” co propósito de comentar a obra de Pedro Feijoo, A memoria da choiva.

Todos os membros do grupo coincidimos en que é unha obra moi entretida e que mantén, como boa novela policíaca, a intriga de forma moi efectiva. Mais, a sua orixinalidade establécese polas referencias á literatura (poemas de Rosalía de Castro enviados aos protagonistas) e polas localizacións, nada casuais, en Compostela.

“Aqueles foron anos bárbaros, meu amigo. A brutalidade do Réxime acabara prácticamente con todo o que algún día fora noso, e agora necesitaba apropiarse do pouco que quedase en pé. Rosalía, con todo o que puidese representar, era daqueles poucos símbolos identificadores que aínda permanecían na memoria do pobo, e como tal cumpría apoderarse del. (…)”

                                                      Feijoo,P.- A memoria da choiva

En definitiva, unha obra que dá paso á lectura doutras novelas deste autor.

Xuntarémosnos o vindeiro 1 de xaneiro para falar dos Cuentos de Eva Luna de Isabel Allende.

martes, 21 de diciembre de 2021

Reflexións lectoras: falamos de libros

 O 20 de decembro, os membros do grupo “O monte dos libros” comentaron as lecturas deste trimestre. Aquí tedes algunhas das súas opinións.

Alba, Uxía e Kevin entusiasmáronse coa lectura de Contos para nenos peculiares. Sinalaron que, sendo relatos estranos e marabillosos, esconden moitas verdades.

A memoria dos paxaros foi a obra escollida por Nerea e Uma. Nesta uns fenómenos estranos poñen de relevo a perda dun patrimonio cultural que pertence a tod@s nos.

Adriana e Alba divertíronse coa primeira aventura dos Minimortos. Quen dixo que medo e humor non se poden misturar?

Para Carme, Natalia e Eva as diferentes formas de afrontar os medos interiores é o que destacan da obra Medos de Héctor Carré.

jueves, 25 de noviembre de 2021

2ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


“Bernarda.- Aquí se hace lo que yo mando. Ya no puedes ir con el cuento a tu padre. Hilo y aguja para las hembras. Látigo y mula para el varón. Eso tiene la gente que nace con posibles.”

F. García Lorca.- La casa de Bernarda Alba

Novembro e teatro van da man no grupo “Merlín e familia”. Así, a lectura comentada o 22 de novembro, na 2ª xuntanza deste grupo, foi La casa de Bernarda Alba de Federico García Lorca.

Obra moi valorada polos membros do grupo, foron moitas as reflexións que apuntaron á visión que ofrece da muller, da época e do ambiente no que se desenvolve a acción.

Reflexionamos sobre o costume antropolóxico do “loito” e relacionámolo coa realidade galega.

Emplazamos ao grupo para o 20 de decembro coa lectura A memoria da choiva de Pedro Feijoo.

martes, 9 de noviembre de 2021

Participación do Grupo “ O monte dos libros” no XX Concurso Escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís.

Os membros do grupo “ O monte dos libros” participaron no XX Concurso Escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Este ano, pola Covid-19, o concurso celebrouse a través do envío de vídeos e os grupos finalistas gravarán a súa lectura dramatizada nos estudios de Radio Voz.

Neme Teatro(alumnas do Grupo “O monte dos libros do CluBiblioneme”: Sara Abelenda Costa, Carme Cebey Rega, Natalia García Hurtado de Mendoza e Eva Viaño Vázquez).

Pódes escoitar a súa dramatización da obra A sorte no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=IUVQys4CUBg


“Os teatreiros do Monte Neme” (alumnado do Grupo “O monte dos libros do CluBiblioneme”: Adriana Antelo García, Nerea Antelo Benítez, Alba Eirín Castillo, Uma Eirís Ferreiro e Kevin Pallas Cebral).

Pódes escoitar a súa dramatización da obra O xuízo de Roxelio Pardiñas “O cucutruxo” no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=Yf5_Z2Wq7dQ

miércoles, 27 de octubre de 2021

1ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

O grupo “Merlín e familia” inicia as súas actividades recuperando as reunións presenciais.

Este curso o grupo está integrado por:

Marga Carballido Novo (familiar).

Consuelo Gago Bello (familiar).

Celeste Lago Bello (familiar).

Vanesa López (familiar).

Catalina López Pérez (profesora).

Dolores Míguez Benítez (familiar).

Gema Reino Rodríguez (familiar).

María Rodríguez (familiar).

Mercedes Rodríguez (familiar).

Pilar Serrano Cela (coordinadora-profesora).

O 24 de outubro reunímonos para compartir as “experiencias lectoras” do verán e concretar o itinerario lector deste trimestre. 

Aínda que o curso pasado o grupo mantivo reunións virtuais, o encontró deste día foi especialmente emotivo. 

A vindeira reunión será o luns 25 de novembro. Analizaremos o drama de Federico García Lorca, La casa de Bernarda Alba.

miércoles, 20 de octubre de 2021

Inicio das actividades do grupo “O Monte dos Libros"

 O luns, 18 de outubro, o grupo “O Monte dos Libros” iniciou as súas actividades.

Este curso os integrantes son:

1º ESO

Adriana Antelo García

Alba Lamas Suárez 

2º ESO

Nerea Antelo Benítez

Uxía Carracedo Carracedo

Alba Eirín Castillo

Uma Eirís Ferreiro

Kevin Pallas Cebral

4º ESO

Sara Abelenda Costa

Carme Cebey Rega

Natalia García Huratado de Mendoza

Eva Viaño Vázquez 

Este curso continuaremos co Radio Teatro. Realizaremos unha selección de lecturas que os membros deste grupo transformarán en pezas radiofónicas e, posteriormente, serán gravadas na radio do centro. Ademais, paticiparemos con estas gravacións no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, XX Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”.

 As propostas lectoras deste grupo para o primeiro trimestre son:

Lecturas terroríficas

-Costas, Ledicia.- Os Minimortos. Benvido ao Outro Barrio

https://www.xerais.gal/libro.php?id=6353039

-Riggs, Ransom.- Contos para menos peculiares

https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/contos-para-nenos-peculiares/

-González Costa, Teresa.- A memoria dos paxaros

https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092442

-Carré, Héctor.- Medos

https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092317

lunes, 20 de septiembre de 2021

Presentación de actividades

 

CluBiblioneme

GRUPO “O MONTE DOS LIBROS”

(Alumnado 1º, 2º, 3º, 4º ESO e FPB)

Presentación actividades


Un curso máis queremos continuar coa nosa actividade do Club de Lectura, CluBiblioneme. O noso obxectivo é incentivar a formación lectora.

Realizaranse as actividades do club seguindo as medidas establecidas polo protocolo Covid do centro e desenvolveranse os luns de 15:00 a 16:00 horas.

Se queres ser membro do noso club, debes anotarte, antes do 7 de outubro, na biblioteca do centro.

Anímate!!!

lunes, 21 de junio de 2021

REFLEXIÓNS LECTORAS

 Grupo “O monte dos libros”

Coñecer outras literaturas e, con iso, ampliar as xeografías lectoras dos membros do Grupo “O monte dos libros” foi a proposta de Clubiblioneme para este trimestre.

Os relatos de Kipling (Contos de así foi) foi a lectura escollida por Silvia e Yaiza, na que destacaron o humor co que se narraban as peripecias que vivían os animais.

Melisa, Iria e Uma  coincidiron coa obra A rapaza de tinta e estrellas. Novela moi entretida, chea de misterios, aventuras e moita imaxinación.

Cada un de nós leva o mapa da súa vida na pel, no xeito que camiña, mesmo no xeito en que medra.”

                                                                      Millwood, K.- A rapaza de tinta e estrellas                                                                             

Kevin, Alba, Sara e Nerea sinalaron a valentía do protagonista da novela que escolleron, Un puñado de estrellas. Durante tres anos, o protagonista escribe un diario no que reflicte o seu paso da infancia a idade adulta nunha realidade hostil, marcada polas desigualdades.

O París de principios do século XX enmarca a obra de Irène Némirovsky, O baile, que nos descubre a unha adolescente vingativa. A actitude dos país, o egoísmo de Antoinette e o retrato da sociedade da época son os elementos que máis interesaron a Elisa, Eva, Ivana, Laura, Natalie e Jesús.

Despedimos un curso de retos, confinamento e máscaras no que precisamos, máis que nunca, comunicarnos e compartir. A través das actividades do Clubiblioneme quixemos que así fose. Obxectivo cumprido. Grazas a tod@s @s que nos apoiaron neste propósito e, principalmente,  aos membros do Club.

 Voltaremos o vindeiro curso, con forzas renovadas e o mesmo compromiso.

Bo Verán e Boas Lecturas!

“Necesitamos desesperadamente que nos conten historias. Tanto como comer, porque nos axudan a organizar a realidade e iluminan o caos das nosas vidas.”

 

Paul Auster

martes, 15 de junio de 2021

8ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro foi a obra elixida para rematar as actividades deste grupo, condicionadas por esta larga pandemia que estamos padecendo.

Con esta novela, que da nome a este grupo, publicada en 1955, Cunqueiro comezou a súa obra narrativa. Estamos ante a historia dun Merlín vello, refuxiado nas terras de Miranda, que nos chega a través do relato do paxe Felipe de Amancia.

Na xuntanza virtual do 14 de xuño, descubrimos o dominio deste autor da historia medieval, da materia de Bretaña e do mundo celta.

A unión de historias imaxinadas con relatos absurdos e as referencias artúricas son os aspectos da obra que máis sorprenderon a Gema e a Mercedes.

Sen dúbida a unión da maxia e da fantasía coa realidade galega diríxenos a un realismo máxico galego. Así o comentaron Pilar, Celeste e Loli.

Culta, imaxinativa e moi divertida foron os adxectivos cos que calificaron esta novela Marga, Chelo e Vanesa.

“Verdade ou mentira, aqués anos da vida ou da imaxinación foron enchendo cos seus fíos o fuso do meu esprito i agora podo tecer o pano distas historias, novelo a novelo.”

                                                                                      Merlín é Familia

 Rematamos as reunións deste curso, condicionado pola pandemia. Esperamos que o vindeiro  podamos retomar as reunións presenciais.

O equipo de CluBiblioneme quere agradecer a fidelidade mostrada por todos os membros deste grupo que, virtualmente, seguiron ampliando as súas xeografías lectoras e crecendo como grupo e como lector@s.

Ata o próximo curso.

Bo verán e boas lecturas!

domingo, 16 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 Descubrindo a Xela Arias

“Que nunca, nunca xamais, me diga alguén que non entende de poesía. A poesía non se entende, síntese ou non se sinte, faise ou non se fai".

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2021 a Xela Arias, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.

Nerea Antelo Benítez, Alba Eirín Castillo, Uma Eirís Ferreiro, Iria Muíño Puente, Kevin Pallas Cebral e Melisa Pose Vázquez, alumn@s de 1º ESO e membros do grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme, colaboraron na gravación do podcast da Biblioteca en RadioNeme.


Biblioneme convídate, a través da lecturas dos seus libros, a seguir descubrindo a esta autora rebelde que derrubou convencións para construir a súa realidade, a súa independencia.

“Un libro pide demasiado. Pero hai que rebotarse contra iso. Rebotarse contra a concepción do libro coma un cadáver morto nun anaquel.”

                                                                            Xela Arias

De certo, a vida ía en serio.


Por iso morrer non conta

números.

 

Eras moza,

cómplice nunha derrota que non

sumabas. Feliz por terte insomne

por inmortal.

 

Xa temos cadáveres amigos

e coñecidos,

sabemos da morte o legado inútil.

 

Pero ¡que ridículo!, ¿non?,

abrazar o feito feliz de xa medrar

-camiñar ás aforas-

en tempos asépticamente tan

alienados.                                 

Intempériome (2003)

viernes, 14 de mayo de 2021

PREMIOS IV CERTAME CONTOS DE PRIMAVERA

 Na Semana das Letras, a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo acolleu o sábado, 15 de maio, a entrega dos premios correspondentes á IV Edición do Certame Contos de Primavera, concurso convocado por Radio Voz e La Voz de Galicia, co patrocinio de Industrias Calvo.

Jesús M. Rey Gómez, alumno de 4º ESO A do IES Monte Neme, gañou o segundo premio deste certame co relato “Wolframio no fondo do Atlántico”.


O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero,  entregou o premio a Jesús M. Rey

Jesús, que xa obtivo o cuarto galardón deste concurso na convocatoria de 2018, forma parte desa xuventude que cre e constrúe na nosa lingua.

Noraboa a tod@s @s participantes!

Participantes no acto celebrado na Biblioteca Rego da Balsa (Carballo)

Enlaces de interese:

Ø  Textos premiados publicados en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/default/2021/05/14/00171621027083684929873/Fichero/ContosPrimavera2021.pdf

Ø  Noticia La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2021/05/16/span-langglseredes-os-novos-xenios-da-literatura-galegaspan/0003_202105C16C7992.htm

lunes, 10 de mayo de 2021

7ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

 O 12 de maio, no centenario da súa morte, o Grupo “Merlín e familia” homenaxeou á figura de Emilia Pardo Bazán coa lectura de El encaje roto. Antología de cuentos de violencia contra las mujeres.

Reivindicamos o feminismo desta autora que non conseguiu entrar na RAE, mais logrou ser a primeira muller en presidir a sección literaria do Ateneo de Madrid e obter unha cátedra de literaturas neolatinas na Universidad Central desta cidade.

Todos os relatos desta antoloxía parecéronnos fáciles de ler, todos protagonizados por mulleres e moi interesantes. Destacamos El indulto, El encaje roto, Sí Señor, e El mechón blanco.

Todos eles reflicten , como ven sinala Celeste, a violencia que soportaban as mulleres da súa época e as súas loitas. Historias breves, pero intensas.

Ademais, salientamos a marabillosa forma de narrar desta escritora universal.

“No se hubiesen convencido jamás. Lo natural y lo vulgar es lo que no se admite. Preferí dejar creer que había razones de esas que llaman serias …”

                                                                                                  El encaje roto

Na vindeira xuntanza, o 14 de xuño, despediremos o curso cunha obra de referencia para este grupo, Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro.

viernes, 9 de abril de 2021

6ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

O pasado 7 de abril o noso grupo “Merlín e familia” reuniuse para comentar a novela Infamia.

“Con este libro quixen escribir sobre unha desaparición e incidir na dor dos país”

                                                                                             Ledicia Costas

Nesta obra, a primeira de Ledicia Costas para adultos, atopámosnos cunha novela coral, un thriller psicolóxico no que hai moito sufrimento, moita escuridade e nada é o que parece.

Os comentarios, por parte dos membros do grupo, foron moi favorables e interesantes.

Para Celeste estamos ante unha obra entretida, chea de vidas escuras e traumáticas. Espera, ansiosa, unha segunda parte.

A Marga despertoulle emocións e enfados pola realidade que tiveron que vivir a maioría dos personaxes, dos que destaca a Emma.

Loli, Sonia, Gema e Chelo coinciden en que se trata dunha novela negra, policíaca e moi entretida, cun final aberto, na que se describe moi ben o perfil psicolóxico dos personaxes, a súas angustias e remordimentos.

A Vanesa gustoulle moito como escribe Ledicia Costas ainda que considera que en esta obra mestura demasiados temas.

En definitiva, unha lectura moi ben valorada.

O 12 de maio reunirémonos, on line, para homenaxear a Emilia Pardo Bazán coa lectura de El encaje roto. Antología de cuentos de violencia contra las mujeres.

                                                                

miércoles, 7 de abril de 2021

Propostas lectoras para o terceiro trimestre

Grupo “O monte dos libros”

Outras Literaturas

As propostas lectoras do terceiro trimestre para este grupo achegarán @s lector@s a outras literaturas. As xeografías lectoras dos membros do club ampliaranse, descubrirán novas realidades, nov@s autor@s e outras formas de contar historias.

Ø  Kipling, Rudyard.- Contos de así foi

Os relatos de R. Kiplin ofrecerán aos máis novos respostas sobre o mundo animal, con humor e ironía.

https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1446


Ø  Millwood, Kiran.- A rapaza de tinta e estrellas

Ficción, aventuras, misterio e mitoloxía únense nesta entretida obra.

https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1427


Ø  Schami, Rafik.- Un puñado de estrellas

Diario dun rapaz de Damasco que debe abandonar a escola e funda un xornal.


https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1421


Ø  Némirovsky, Irène.- O baile

Antoinette, filla dunha familia de novos ricos, ferida no seu orgullo, buscará venganza no París de principios do século XX.


https://rinoceronte.gal/editora/pf/o-baile/


BOA  LECTURA!!!

viernes, 26 de marzo de 2021

“AS NAIS IMAXINADAS” Luto en La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca

Participacipamos na charla – encontró “AS NAIS IMAXINADAS” Luto en La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca

O 24 de marzo a Biblioteca Ágora, que pertence ao Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello de A Coruña, organizou, a través do Club de Lecturas Feministas “O cuarto Propio”, a charla-encontro “AS NAIS IMAXINADAS” Luto en La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca, emitida en directo video streaming. Rita Más Ybáñez, directora da exposición audiovisual etnográfica A SAIA RAÍÑA e relatora requerida para a impartir esta charla-encontro, convidounos, como representantes de Biblioneme e CluBiblioneme, a participar nesta coa intervención: “Las mujeres en la obra de La Casa de Bernarda Alba. Contexto y retrato psicológico de los personajes femeninos lorquianos”.


Agradecemos á Biblioteca Ágora, ao Club de Lectura feminista desta biblioteca e a Rita Más, antropóloga, poeta, ilustradora e fotógrafa, esta invitación, que nos permitiu compartir esta experiencia lectora cuns magnific@s participantes (Adrián, Amador, Belén, Cristina, Flor, Julia, Noelia, Rita, Susana, etc)  e abriunos novas expectativas no universo lorquiano.

A SAIA RAÍÑA


Charla – encontró “AS NAIS IMAXINADAS” Luto en La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca


Enlaces de interese:

jueves, 25 de marzo de 2021

REFLEXIÓNS LECTORAS

Grupo “O monte dos libros”

Trasladamos algunhas reflexións lectoras realizadas polos membros deste grupo sobre as obras de Ledicia costas  propostas no segundo trimestre:

Alba, Nerea e Yaiza comentan unha historia na que subliñan o tema da inclusión.



A crítica aos discursos totalitarios e a intolerancia son a base das opinións trasladadas por Kevin e Uma  tras a lectura de Recinto Gris.


O corazón de Xúpiter serviu a Melisa e a Iria para analizar o por que das conductas difíciles dalgúns adolescentes.


Elisa, Jesús e Laura optaron polos contos de Un animal chamado néboa, nos que destacaron o contexto histórico no que se desenvolven estas historias.

domingo, 21 de marzo de 2021

Día da poesía 2021

“Desconfinamos a poesía. Coñecemos novas xeografías poéticas”

Este curso en Biblioneme conmemoramos o Día da Poesía e da Árbore “desconfinando a poesía” e ampliando as nosas “Xeografías poéticas”. A través dos HAIKUS coñeceremos unha forma poética xaponesa, que foi adoptada por outras literaturas, entre elas a galega.

As alumnas de 3º ESO A, membros do CluBiblioneme, Sara Abelenda Costa, Andrea Figueira Quintáns, Natalia García Hurtado de Mendoza, Eva Viaño Vázquez e Ivana Vila Mallo dannos a coñecer esta forma poética e recitan exemplos de haikus creados por autor@s galeg@s.

Podedes visionar esta actividade entrando no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=jv_auXlAvRk