miércoles, 15 de junio de 2022

REFLEXIÓNS LECTORAS. Grupo “O monte dos libros”

Coñecer e experimentar o Camiño de Santiago a través de lecturas foi o obxectivo deste trimestre coas lecturas seleccionadas polo grupo.

Endrina e o segredo do peregrino foi a proposta lectora elixida por Adriana e Alba. O que máis lles interesou foi o personaxe de Endrina, como evoluciona e o que atopa e investiga no camino.


A novela gráfica Un noruego en el Camino de Santiago é considerada por Kevin, Nerea e Uma como unha obra cómica, con momentos especialmente divertidos, vividos en primeira persoa polo autor. Sinalan que o máis interesante desta obra non é o camiño. O importante son as experiencias e os pensamentos que xenera o traxecto.


Para Sara, Carme, Natalia e Eva a lectura de A arte de trovar de Santiago Lopo resultou moi interesante por varias cuestións: ofrece moitos datos da realidade cultural (importancia da lírica galego-portuguesa), política e social da Galicia do século XIII. Así mesmo, atopáronse cunha novela cuxa intriga as atrapou desde o primeiro intre.


Despedimos este curso coas recomendacións lectoras de Biblioneme para este verán.

martes, 7 de junio de 2022

8ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


“É unha verdade recoñecida globalmente que un home rico, que posúe unha gran fortuna, necesita unha muller.”

                                                               Orgullo e prexuízo

A novela de Jane Austen, Orgullo e prexuízo, foi a obra escollida para rematar as xuntanzas do grupo “Merlín e familia” este curso.

Obra clásica da literatura inglesa que mestura melodrama, crítica, romanticismo e costumismo. Mais, todos os membros do grupo salientaron a crítica que reflicte sobre a situación da muller na Inglaterra de principios do século XIX.

Ademais, Gema, Celeste e Vanesa resaltaron a interesante evolución dos personaxes, así como a rebeldía nas actitudes e decisións de Elizabeth Bennet.

Despedimos as reunións deste grupo neste curso.

Bo verán e boas lecturas !!!

lunes, 6 de junio de 2022

Representación do Grupo “O monte dos libros”

 O 6 de xuño rematamos as actividades da “Aula de teatro” do grupo “O monte dos libros” coa representación O chip experimental.

No Salón de Actos do Centro, o alumnado dos grupos de 1º e 2º da ESO puido disfrutar desta divertida e excelente obra, representada por un elenco que, por primeira vez, subía a un escenario.


NORABOA!!!