miércoles, 25 de enero de 2017

Lembrando a Agustín Fernández Paz

O 12 de xullo de 2016 o escritor Agustín Fernández Paz deixounos. Mais a súa obra seguirá con nós, formando lectores e facéndonos disfrutar das mellores historias.

O CluBiblioneme desexa homenaxear a este escritor. Así, os integrantes do grupo “O monte dos libros”  lerán é comentarán, ao longo do segundo trimestre, unha obra de Agustín Fernández Paz entre as seguintes propostas:

-Tres pasos polo misterio
-As flores radioactivas
-Contos por palabras
-Trece anos de Branca
-Amor dos quince anos, Marilyn
-O centro do laberinto
-Aire negro
-Corredores de sombras
-Noite de voraces sombras
-A neve interminable
-Unha lúa na fiestra
-Avenida do parque, 17
-Lúa do Senegal
-O laboratorio do doutor Nogueira
-Unha lúa na fiestra

Remataremos o trimestre visionando e facendo unha lectura dramatizada do álbum ideado e ilustrado por Jorge Magulis he escrito por Agustín Fernández Paz, A dama da luz.


No terceiro trimestre o grupo “Merlín e familia” lerá Non hai noite tan longa.


miércoles, 18 de enero de 2017

Cuarta xuntanza do grupo “Merlín e familia”

O pasado 16 de xaneiro o grupo “Merlin e familia reuniuse para comentar a obra de A. Skármeta, El cartero de Neruda. Tras os numerosos comentarios que provocou a lectura, concluímos como a literatura pode transformar a vida das persoas.

O grupo conta con tres novas incorporacións:
-Celeste Lago Seijido.
-Consuelo Gago Bello.
-Elvira Anido Ferreiro.


A proposta lectora para a seguinte xuntanza, o 13 de febreiro, é Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.