lunes, 23 de mayo de 2022

“Últimos ensaios”

 O alumnado do grupo “O monte dos libros” ultima os ensaios da obra O chip experimental.


Nervios e emocións entrecrúzanse coa responsabilidade de realizar unha representación que demostre o aprendido nas leccións da “Aula de teatro”.

Xa queda pouco para disfrutar do voso esforzo. Ánimo!!!

jueves, 5 de mayo de 2022

7ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Din que todos os mosteiros esconden un misterio e, polo menos, unha pregunta. No caso de Santo Estevo, a grande incógnita estaba en pescudar se existirán ou non aqueles nove aneis.”

                                                      O souto dos catro ventos

 A novela de María Oruña, O souto dos catro ventos, foi a obra comentada na reunión do 2 de maio do grupo “Merlín e familia”.

Novela de intriga e con notas policíacas arredor da lenda dos nove aneis dos bispos do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil.

Os membros do grupo destacaron a fácil lectura, a trama de investigación, a documentación e dúas historias de amor do pasado e do presente.

Na seguinte xuntanza afondaremos na figura de Jane Austen coa análise de Orgullo e Prexuízo.