lunes, 9 de marzo de 2020

Pola senda dos faros

O 9 de marzo o Equipo de Biblioneme organizou unha “expedición” para realizar a etapa Cemiterio dos Ingleses - Camariñas, pertencente á Senda dos Faros.

O alumnado participante (grupos de 3º ESO, alumnado 2º ESO que cursa a Materia de Libre Configuración INEIN e o grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme) disfrutou dun percorrido excepcional, no que participaron activamente os profesores Jorge Velasco, organizando o percorrido, e Diego Carril, actuando como o mellor Cicerone local.

Ademais, contamos coa colaboración do Concello de Camariñas. Bernardino Martínez Castiñeira, guía turístico deste concello, informounos dos naufraxios ocorridos na zona, relatounos a historia do Cimiterio dos Ingleses e as peculiaridades da construcción do faro do Cabo Vilán. Así mesmo, coñecemos múltiples anécdotas, recuperamos lendas e descubrimos a fermosa realidade que hai nestas paraxes.
Rematada a nosa ruta, viñeron a saudarnos a Alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua Rial, e a Concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro Pouso.

Dende Biblioneme queremos mostrar o noso agradecemento a tod@s que fixeron posible esta experiencia:
Jorge Velasco, Diego Carril, Javier Fraga Pose, representantes do Concello de Camariñas e alumnado do IES Monte Neme.

Moitas grazas.



jueves, 5 de marzo de 2020

5ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Aqueles vinte e dous pequenos eran xa o material máis delicado transportado nunca ás Américas, e estaban ao seu cargo.

Ese mesmo día comezaron a escribir a Historia.”

Solar, María.- Os nenos da varíola


A fazaña realizada pola Expedición Balmís, a realidade científica e social da época e a figura de Isabel Zendal centraron os comentarios da obra de María Solar, Os nenos da varíola.

Como a primeira enfermeira da Historia en misión internacional, Isabel Zendal é un referente, cuxo traballo e sacrificio queremos destacar neste mes que conmempramos o Día Internacional da Muller.



Na vindeira xuntanza, o 20 de abril, homenaxearemos a figura de Miguel Delibes no centenario do seu nacemento.


miércoles, 4 de marzo de 2020

Somos STEAM

As actividades do segundo trimestre de Club de Lectura estarán vinculadas a contidos STEAM. Investigación, observación, descubrimentos e información formarán parte da temática das obras escollidas para ser comentadas nos grupos do Club.

-Kelly, Jacqueline.- A evolución de Calpurnia Tate


-Fraga, Antonio M.- O bestiario científico de Anxos Nogueirosa


-Paz, Xabier.- Galileo no espello da noite


-Solar, María.- Os nenos da varíola


Ademais, a inclusión, sempre presente nas nosas actividades, se fará máis visible a través da análise da obra de Raquel Palacio, La lección de August.