jueves, 10 de noviembre de 2022

Inicio das actividades do grupo “O Monte dos Libros”

 O xoves, 10 de novembro, o grupo “O Monte dos Libros” inicia as súas actividades.

Os integrantes son:

ü Celia Ures Rodríguez

ü Valeria Rodríguez Cotelo

ü Aisha González Eirís

ü Zaira Fraga Tasende

ü Marcos Loureiro Castro

ü Alberto Santamaría Villar

ü Nerea Antelo Benítez

ü Alba Eirín Castelo

ü Alexia Marta Varela

ü Estela Rodríguez Hurtado de Mendoza

A proposta para o primeiro trimestre é “Medo” de Care Santos.

miércoles, 15 de junio de 2022

REFLEXIÓNS LECTORAS. Grupo “O monte dos libros”

Coñecer e experimentar o Camiño de Santiago a través de lecturas foi o obxectivo deste trimestre coas lecturas seleccionadas polo grupo.

Endrina e o segredo do peregrino foi a proposta lectora elixida por Adriana e Alba. O que máis lles interesou foi o personaxe de Endrina, como evoluciona e o que atopa e investiga no camino.


A novela gráfica Un noruego en el Camino de Santiago é considerada por Kevin, Nerea e Uma como unha obra cómica, con momentos especialmente divertidos, vividos en primeira persoa polo autor. Sinalan que o máis interesante desta obra non é o camiño. O importante son as experiencias e os pensamentos que xenera o traxecto.


Para Sara, Carme, Natalia e Eva a lectura de A arte de trovar de Santiago Lopo resultou moi interesante por varias cuestións: ofrece moitos datos da realidade cultural (importancia da lírica galego-portuguesa), política e social da Galicia do século XIII. Así mesmo, atopáronse cunha novela cuxa intriga as atrapou desde o primeiro intre.


Despedimos este curso coas recomendacións lectoras de Biblioneme para este verán.

martes, 7 de junio de 2022

8ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


“É unha verdade recoñecida globalmente que un home rico, que posúe unha gran fortuna, necesita unha muller.”

                                                               Orgullo e prexuízo

A novela de Jane Austen, Orgullo e prexuízo, foi a obra escollida para rematar as xuntanzas do grupo “Merlín e familia” este curso.

Obra clásica da literatura inglesa que mestura melodrama, crítica, romanticismo e costumismo. Mais, todos os membros do grupo salientaron a crítica que reflicte sobre a situación da muller na Inglaterra de principios do século XIX.

Ademais, Gema, Celeste e Vanesa resaltaron a interesante evolución dos personaxes, así como a rebeldía nas actitudes e decisións de Elizabeth Bennet.

Despedimos as reunións deste grupo neste curso.

Bo verán e boas lecturas !!!

lunes, 6 de junio de 2022

Representación do Grupo “O monte dos libros”

 O 6 de xuño rematamos as actividades da “Aula de teatro” do grupo “O monte dos libros” coa representación O chip experimental.

No Salón de Actos do Centro, o alumnado dos grupos de 1º e 2º da ESO puido disfrutar desta divertida e excelente obra, representada por un elenco que, por primeira vez, subía a un escenario.


NORABOA!!!

lunes, 23 de mayo de 2022

“Últimos ensaios”

 O alumnado do grupo “O monte dos libros” ultima os ensaios da obra O chip experimental.


Nervios e emocións entrecrúzanse coa responsabilidade de realizar unha representación que demostre o aprendido nas leccións da “Aula de teatro”.

Xa queda pouco para disfrutar do voso esforzo. Ánimo!!!

jueves, 5 de mayo de 2022

7ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Din que todos os mosteiros esconden un misterio e, polo menos, unha pregunta. No caso de Santo Estevo, a grande incógnita estaba en pescudar se existirán ou non aqueles nove aneis.”

                                                      O souto dos catro ventos

 A novela de María Oruña, O souto dos catro ventos, foi a obra comentada na reunión do 2 de maio do grupo “Merlín e familia”.

Novela de intriga e con notas policíacas arredor da lenda dos nove aneis dos bispos do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil.

Os membros do grupo destacaron a fácil lectura, a trama de investigación, a documentación e dúas historias de amor do pasado e do presente.

Na seguinte xuntanza afondaremos na figura de Jane Austen coa análise de Orgullo e Prexuízo.

miércoles, 30 de marzo de 2022

Propostas lectoras para o 3º trimestre. Grupo “O monte dos libros”

Ler o Camiño

Falar do Camiño

O Camiño de Santiago será o fío conductor das propostas lectoras do segundo trimestre. Obras que nos permitirán coñecer, investigar e disfrutar desta experiencia.

       López Narváez, Concha.- Endrina e o segredo do peregrino

https://editorialgalaxia.gal/produto/endrina-e-o-segredo-do-peregrino/

Jason.- Un noruego en el Camino de Santiago

https://www.astiberri.com/products/un-noruego-en-el-camino-de-santiago

  Lopo, S.- A arte de trovar

https://www.xerais.gal/libro.php?id=4675832

viernes, 25 de marzo de 2022

6ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

Falamos de Almudena Grandes


“La literatura es vida para la gente que está viva, te permite vivir, además de tu propia vida, otras muchas vidas”

Almudena Grandes

A morte da escritora Almudena Grandes, o 27 de novembro de 2021, deixounos co corazón xeado.

Na reunión do 21 de marzo homenaxeamos a esta autora centrándonos nas obras que novelaron esa guerra interminable. Como sinalaba Almudena grandes “tengo la necesidad de novelar a los perdedores”.

Trasladamos, a continuación, algunha das nosas opinións.

Para Pilar, El corazón helado ofrece unha trama moi ben estructurada e interesante. Excelente traballo de documentación histórica (España da Guerra Civil e da posguerra) e unha homenaxe aos perdedores.


“Qué salvajada, qué horror el exilio, y esta derrota horrible que no se acaba nunca, y destruye por fuera y hacia dentro, y borra los planos de las ciudades interiores, y pervierte las reglas del amor, y desborda los límites del odio para convertir lo bueno y lo malo en una sola cosa, fea, y fría, y ardiente, inmóvil, qué horror esta vida inmóvil, este río que no desemboca, que jamás encuentra un mar donde perderse.”

El corazón helado

Vanesa e Loli escolleron a primeira entrega dos “Episodios de una Guerra Interminable”, Inés y la alegría. Sinalaron que descubriron un fresco histórico descoñecido para elas (invasión do Val de Arán no ano 1940). Ademais, destacaron a caracterización dos personaxes reais e ficticios.


“La historia inmortal hace cosas raras cuando se cruza con el amor de los cuerpos mortales.”

Inés y la alegría

A lectura de Chelo foi El lector de Julio Verne. Opina que é unha obra brillante na que a historia de Nino lle lembrou todas as vivencias transmitidas polos maiores da súa familia.

"Los valientes, leales, inteligentes, tenían que dejar de serlo si no querían morir jóvenes, y la autoridad se apoyaba en la traición, y los traidores lo eran siempre por dinero, y los héroes vivían como animales mientras que los cobardes y los chivatos comían caliente y dormían en sus camas amparados por el respeto de las personas decentes..."
El lector de Julio Verne

Da lectura de Las tres bodas de Manolita Marga e Mercedes comentan a realidade do Madrid da época para os perdedores: encarcelamentos, clandestinidade e resistencia.

“Volvía a preguntarme por qué no nos fusilaban a todos, por qué no nos liquidaban de una vez en lugar de matarnos tan despacio, tantas veces, tantas pequeñas muertes de hambre, de tristeza de humillación.”

Las tres bodas de Manolita

Para Catalina e María é un pracer ler a Almudena Grandes. Consideran que Los pacientes del doctor García é unha historia adictiva e moi recomendable que afonda en como o Goberno franquista permitía a fuxida de nazis a Sudamérica.

“En ese momento yo ya sabía que había perdido la guerra, pero sólo entonces empecé a vislumbrar el precio que debería pagar para sobrevivir a la derrota.”

Los pacientes del doctor García

A Gema entusiasmoulle La madre de Frankenstein. Un psiquiatra, unha parricida paranoica e unha auxiliar de enfermería son os personaxes principais dunha obra que retrata unha España humillada na que se cometen todo tipo de abusos.

 

“El manicomio de mujeres de Ciempozuelos era un modelo a escala de la sociedad a la que pertenecía, una miniatura patológica de un país enfermo.”

La madre de Frankenstein

Rematou a reunión co desexo da lectura da obra póstuma que remate estes episodios, Mariano en el Bidasoa.

Emplazamos ao grupo para o 2 de maio. A obra que comentaremos será O Souto dos catro ventos de María Oruña.


martes, 15 de marzo de 2022

Reflexións lectoras, segundo trimestre: falamos de libros

 Remata un trimestre no que as lecturas das obras de Andrea Maceiras centraron a actividade lectora do Grupo “O monte dos libros”.

O 14 de marzo, na reunión do grupo “O monte dos libros” reflexionamos sobre as obras seleccionadas ao inicio do trimestre.

Proxecto bolboreta foi a elección de Sara e Natalia. Consideran que o novidoso da obra está na unión do amor e da ciencia a través de varias historias de amor que se conectan entre si.


“Cando a miña mellor amiga cumpriu dezaoito anos quixen facerlle un regalo especial que celebrase a súa (nosa) maioría de idade. Como sabía que lle gustaban as libélulas, bolboretas e, en xeral, toda clase de insectos alados, escribín un conxunto de relatos inspirados nesta temática. 

Un deles foi o xerme da que sería a miña primeira novela, Proxecto Bolboreta, que relata a historia dun extravagante matemático, merecedor do Premio Ignobel pola investigación absurda e fermosa que acomete en soidade para demostrar, finalmente, que todo é posible se o desexamos de verdade.”

                                                                        Andrea Maceiras


https://andreamaceiras.com/gl/libros-gl/proxecto-bolboreta-gl/


Kevin, Eva e Carme opinan que Europa Express é unha novela de descubrimentos: diferentes lugares e unha intriga que cambiará a vida dos protagonistas.

Ademáis, interesoulles a experiencia en Interrail con amigos.

“Todos temos dereito a ter un pasado, tamén Aroa. Pero ese pasado non vai regresar, igual que as cousas que aparecen nas fotografías non sois reais. Son parte das vidas que pode ter unha persoa.”

Maceiras, A.- Europa Express

Respecto a O que sei do silencio, Nerea, Alba, Uma e Adriana sinalan a súa orixinalidade: escrita como se fose un blog e narrada en primeira persoa por unha acosadora. E todo dentro do contexto da importancia das redes sociais para os rapaces de hoxe en día.

“Todos afirmamos desexar a liberdade, pero non é verdade: a liberdade é complicada, doe, xera conflitos. É moito máis doado seguir normas, permitir que os demais nos digan o que temos que facer.”

                           Maceiras, A.- O que sei do silencio

miércoles, 23 de febrero de 2022

5ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

 
“A novela fala das pequenas cousas que son capaces de mudar o noso xeito de ver o día a día, de saber poñerse na pel do outro, da capacidade de transformar os lugares que habitamos e, sobre todo, da vontade de mudar as cousas para conseguir os nosos propósitos.”

Andrea Maceiras

https://baiaedicions.gal/editorial/conecemos-un-pouco-mais-a-andrea-maceiras/

A obra de Andrea Maceiras centrará unha gran parte das actividades deste trimestre no CluBiblioneme. Así, o grupo “Merlín e familia”elixiu Nubes de evolución, cuxa análise realizamos o pasado 21 de febreiro.

Atopámonos cunha historia de amor, amizade, sonos, valentía, soidade, fracaso, medo e frío …….

Consideramos moi interesante a maneira na que se relacionan todas as historias narradas en primeira persoa e entrelazadas por casualidades, encontros e esperanzas.

En marzo reunirémonos para Falar da obra de Almudena Grandes.

martes, 22 de febrero de 2022

Día da Radio & Día de Rosalía

 FALAMOS CON ROSALÍA

Este curso en Biblioneme aunamos a conmemoración de dúas datas o Día da Radio (13 de febreiro) e o Día de Rosalía (a partir deste ano a celebración trasládase ao 23 de febreiro, data de nacemento desta insigne poeta).

Un “excepcional experimento” permitiranos coñecer a unha Rosalía de Castro máis persoal. Nesta experiencia participaron activamente Sara Abelenda Costa, Carme Cebey Rega, Tania Juncal Tasende e Eva Viaño Vázquez, alumnas de 4º ESO A, membros do CluBiblioneme, que protagonizaron esta entrevista en RadioNeme.


Podedes escoitar esta actividade no seguinte enderezo:

martes, 1 de febrero de 2022

4ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

 

“Las palabras andan sueltas sin dueño y cualquiera puede con un poco de maña puede apoderárselas para comerciar con ellas… Vender palabras le pareció una alternativa decente”.

Allende, I.- “Dos palabras”, Cuentos de Eva Luna

A lectura de Contos de Eva Luna condúcenos a 23 relatos que fluctúan entre o amor e a violencia hiperbolizados.

Os membros do grupo “Merlín e familia” destacamos a lectura sinxela e pracenteira que proporcionaban estes contos, o coñecemento de diferentes épocas e culturas de América Latina que ofrecen ao lector, ademais de ser un exemplo do realismo máxico, tan importante na producción literaria de Isabel Allende.

Entre os contos máis comentados destacan: “Dos palabras”, “Clarisa”, “María la boba” o “El palacio imaginado”.

O 21 de febreiro comentaremos a obra de Andrea Maceiras, Nubes de evolución.

martes, 11 de enero de 2022

Grupo “O monte dos libros”

Propostas lectoras para o segundo trimestre

Algunhas das obras máis importantes de Andrea Maceiras protagonizarán as propostas lectoras para o segundo trimestre.

Esta é a nosa selección:

Proxecto Bolboreta