miércoles, 23 de diciembre de 2020

3ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

 

“Yo no tengo la culpa de que la vida se nutra de la virtud y del pecado, de lo hermoso y de lo feo.”

                                                                             Benito Pérez Galdós

Na xuntanza virtual do 21 de decembro, o grupo “Merlín e familia” conmemorou o centenario da morte de B. Pérez Galdós analizando algunhas das súas obras máis representativas.

Loly centra os seus comentarios en Misericordia e, en concreto, no personaxe de Benina, muller xenerosa, boa.

“Es ley que los mayores conserven el afecto a la descendencia, aunque esta les martirice, les maltrate y les deshonre”.                                                                                                         Misericordia

A elección de Sonia e Chelo foi Marianela, obra triste que plantexa como é o ser humano.

“Hay en nuestras sociedades enemigos muy espantosos, a saber: la especulación, el agio, la metalización del hombre culto, el negocio; pero sobre estos descuella un monstruo que a la callada destroza más que ninguno: es la codicia del aldeano”.

                                                                                              Marianela

Misóxino e célibe, Manso namórase na súa madurez e non será correspondido. Esta é a reseña de Gema El amigo Manso.

 “No es verdadero maestro el que no se hace querer de sus alumnos.”      

                                                                                    El amigo Manso

Celeste e María coincidiron na lectura de Doña Perfecta. Trama na que se enfrontan a ideoloxía conservadora e a liberal representadas, respectivamente, por doña Perfecta e Pepe Rey. 

“Los ciegos serían felices en este país, que para la lengua es paraíso y para los ojos infierno”.

                   Doña Perfecta

A novela dialogada El abuelo foi a elixida por Cruz, que incide en como Galdós plasma nesta obra todos os rasgos da novela realista.

                                         “Qué malo es ser bueno”

                 El abuelo

Pilar comentou Tristana, posiblemente a obra máis feminista de Galdós, e o retrato histórico-social do Madrid de finais do século XIX que ofrece Fortunata y Jacinta.

“Aspiro a no depender de nadie, ni del hombre que adoro. No quiero ser su manceba, tipo innoble, la hembra que mantienen algunos individuos para que les divierta, como un perro de caza; ni tampoco que el hombre de mis ilusiones se me convierta en marido. No veo la felicidad en el matrimonio. Quiero, para expresarlo a mi manera, estar casada conmigo misma, y ser mi propia cabeza de familia. No sabré amar por obligación; sólo en la libertad comprendo mi fe constante y mi adhesión sin límites. Protesto, me da la gana de protestar contra los hombres que se han cogido todo el mundo por suyo, y no nos han dejado a nosotras más que las veredas estrechitas por donde ellos no saben andar…”

                                Tristana

“Vivir es relacionarse, gozar y padecer, desear, aborrecer y amar. La lectura es vida artificial y prestada, el usufructo, mediante una función cerebral, de las ideas y sensaciones ajenas, la adquisición de los tesoros de la verdad humana por compra o por estafa, no por el trabajo."

                       Fortunata y Jacinta

Ademais, comentamos o programa Imprescindibles de RTVE, adicado á figura de Galdós, que, previamente, visionaramos.

https://www.rtve.es/television/20201202/claves-documental-benito-perez-galdos/2059066.shtml

 Voltaremos o 25 de xaneiro coa obra de Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro

Bo Nadal e Boas Lecturas!!!

lunes, 21 de diciembre de 2020

REFLEXIÓNS LECTORAS

Trasladamos algunhas das reflexión que realizaron os membros do grupo “O monte dos libros” sobre as propostas lectoras do primeiro trimestre.

Kevin, Nerea, Uma e Yaiza sinalaron como en Trampa de Luz de Agustín Agra a historia enlaza o misterio e o fantástico co respecto á natureza. Iria e Melisa destacaron o papel da protagonista.

Elisa e Jesús comentaron que Lovecraft trasladaba maxistralmente nos seu relatos o terror inconsciente que está na mente das persoas.

Laura, moi aficionada á mitoloxía, quedou sorprendida coa lectura de O misterio das Burgas, de Andrés Pombo. Indica que a obra descobre un Ourense diferente, onde reina o misterio, a bruxería e a mitoloxía. 

lunes, 14 de diciembre de 2020

RADIOTEATRO: estamos ensaiando

O grupo “O monte dos libros” comezou, con entusiasmo, os ensaios na radio do centro. Previamente, os participantes recibiron a formación necesaria sobre o proceso de gravación.

martes, 1 de diciembre de 2020

2ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Os deuses son xusticeiros e as nosas culpas son o máis seguro executor da xustiza.”

                                                    O rei Lear, de William Shakespeare.

O 30 de novembro o grupo “Merlín e familia reuniuse, de forma virtual ata que a situación sanitaria cambie, co propósito de comentar a obra de Shakespeare, O rei Lear.

Cruz, Vanesa e Celeste coincidiron en que estabamos ante unha obra complexa, con tramas paralelas que profundizan na condición humana a través das relacións familiares.

Asi mesmo, Sonia destacou a ausencia de valores morais e para Gema o rei desexa vingar a súa vanidade.

Loly e Chelo incidiron en como se representa a vulnerabilidade do ser humano.

Finalizamos a posta en común coa reflexión de Laura, “Shakespeare é un orfebre dos sentimentos”, que foi secundada pola maioría: debemos reflexionar sobre as expectativas que temos cos nosos fillos.

O 21 de decembro conectarémonos para conmemorar o centenario do pasamento de Galdós. Analizaremos as obras de Galdós elixidas polos membros do grupo.

lunes, 9 de noviembre de 2020

Incorporación de novos membros ao grupo "O monte dos libros"

Sara Abelenda Costa, Natalia García Hurtado de Mendoza, Eva Viaño Vázquez e Ivana Vila Mallo, alumnas de 3º ESO A,  incorpóranse ao grupo "O monte dos libros".

Benvidas!!!

jueves, 5 de noviembre de 2020

1ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

Un curso máis o grupo “Merlín e familia” reúnese para compartir “experiencias lectoras”. Mentres que a situación sanitaria non cambie, as reunións serán virtuais.

Este curso o grupo está integrado por:

  • Laura Cortiñas Pérez (profesora).
  • Consuelo Gago Bello (familiar).
  • Celeste Lago Bello (familiar).
  •  Cruz Lema Álvarez (familiar).
  • Vanesa López (familiar).
  • Dolores Míguez Benítez (familiar).
  •  Sonia Otero (familiar).
  • Gema Reino Rodríguez (familiar).
  • Francisco Rivera Crespo (profesor).
  • María Rodríguez (familiar).
  • Pilar Serrano Cela (moderadora).

 Na primeira reunión, celebrada o 2 de novembro, valoramos as lecturas do verán. Destacaron as obras de Murakami, Diego Ameixeiras, Pierre Lemaitre, María Solar, Elena Ferrante, Pedro Feijoo, Julian Barnes, ou Cela, entre otros.


Este curso abriremos fronteiras coas nosas “Xeografías lectoras”.

O 30 de novembro iniciamos a nosa viaxe, dentro do Outono teatral, coa análise de O rey Lear, de William Shakespeare.

 

BOA LECTURA !!! 

viernes, 23 de octubre de 2020

Inicio das actividades do grupo “O Monte dos Libros”

 O luns, 19 de outubro, o grupo “O Monte dos Libros” iniciou as súas actividades.

Este curso os integrantes son:

1º ESO A

Nerea Antelo Benítez

Uma Eirís Ferreiro

Iria Muíño Puente

Kevin Pallas Cebral

1º ESO B

Melisa Pose Vázquez

3º ESO B

Yaiza Gende López

Elisa Lendoiro Pazos

Silvia Varela Docampo

4º ESO A

Jesús Manuel Rey Gómez

4º ESO B

Laura García Balsa

A situación sanitaria provocada pola Covid-19 condicionará as actividades do CluBiblioneme. Así, o teatro, que tan boa acollida ten entre os nosos membros, cambiará de formato. Faremos “RADIO TEATRO”.

Parte do alumnado deste grupo versionará e adaptará, para a súa interpretación radiofónica, a obra de Ledicia Costas, Esmeraldina, a pequeña defunta.


Asimesmo, o resto do grupo realizará unha versión radiofónica da obra O achado do castro, de Manuel Núñez Singala, que interpretará na radio do centro.


As propostas lectoras para o primeiro trimestre, que incluímos na sección “Un terror de lecturas”, son:

-Agra, Agustín.- Trampa de luz


                            -Lovecraft, H. P.- Relatos de terror


                -Pombo Graña, Andrés.- O segredo das burgas

BOAS LECTURAS !!!

miércoles, 14 de octubre de 2020

Inicio das actividades do CluBiblioneme

Iniciamos un curso condicionado pola situación sanitaria provocada pola pandemia. As necesidades da sociedade cambiaron, vivimos un tempo diferente, cheo de incertidumes.

Adaptaremos as actividades do CluBiblioneme: serán presenciais, sempre que a situación sanitaria o permita, no grupo “O MONTE DOS LIBROS”, destinado a alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º ESO; nos restantes grupos, as actividades serán virtuais.

Mantemos o noso obxectivo: crear lector@s crític@s, aventureir@s, divers@s e libres que entendan “todas as posibilidades da lectura”. Ademais, seguindo o lema elixido este curso para as bibliotecas escolares de Galicia, as “Xeografías Lectoras” emprenderemos unha viaxe pola xeografía do coñecemento d@s nos@s lector@s.

O luns, 19 de outubro, comezamos coas actividades do grupo “O MONTE DOS LIBROS”.


Grazas por Ler

viernes, 5 de junio de 2020

NOVAS XUNTANZAS VIRTUAIS E DESPEDIDA

Rematamos este curso con dúas xuntanzas virtuais que foron do máis fructíferas e interesantes. 

A primeira foi cos integrantes do grupo “O monte dos libros”, que centraron os seus comentarios nas diferentes obras recomendas. 

Natalia, Eva, Iria, Sara e Yaiza elixiron Las chicas del alambre de Jordi Sierra I Fabra. Destacaron a problemática do culto ao corpo, moi vixente na adolescencia.


Jesús e Laura G. optaron por A guerra dos botón de Louis Pergado. Amizade, rivalidade e pacifismo son os temas que máis lles impactaron desta obra. 


Iago, Sara e Silvia recomendan a obra de Jacqueline Kelly, A evolución de Calpurnia Tate, na que coñecemos as inquietudes científicas dunha rapaza de 11 anos. 


A segunda xuntanza foi co grupo “Merlín e familia”. A lectura recomendada, Trece badaladas de Suso de Toro, cumpliu as expectativas. Os membros deste grupo sinalaron como esta novela de intriga “engancha ao lector”. Maxia, lendas, relixión e reconstrucción histórica configuran que máis destacaron nesta obra. 


Ademais, ofreceronnos estas recomendacións lectoras para este verán: 

Celeste e Vanesa apostan por calquera obra de Pierre Lemaitre: 


Chelo e Laura prefiren , A elegancia do ourizo de Muriel Barbery 


La sangre de los inocentes de Julia Navarro é a recomendación de Loly. 


A María gustoulle especialmente La intrusa de Éric Faye e Claro de Lúa de Puri Ameixide. 




Rematamos un curso diferente debido a pandemia. Virtualmente, continuamos facendo lecturas e lector@s. Os libros e as opiniós que suscitaban actuaron como una ponte de conexión entre nós nesta nova experiencia. Foron unha excelente compañía, que axudou a compartir, a unir. 

Vémonos o próximo curso, con moitas iniciativas e novas propostas lectoras. 

Bo verán e boas lecturas!!!!