viernes, 28 de abril de 2017

Actividade extraescolar

O día 27 de abril o clubiblioneme realizou unha excursión á A Coruña para visitar o Arquivo Histórico de Galicia e a exposición de Urbano Lugris, realizando a actividade "Restaurando a Lugrís". Foron unhas actividades moi interesantes.








martes, 25 de abril de 2017

Séptima xuntanza do grupo “Merlín e familia”



“Eu son os libros que lin”
Agustín Fernández Paz

Dentro das actividades para homenaxear ao escritor, Agustín Fernández Paz, os membros do grupo “Merlín e familia” comentaron, o pasado 24 de abril,  a novela Non hai noite tan longa.

Destacamos como o autor consegue manter o inerese do lector. Ademais, sorprendiunos unha temática que mixtura a vinganza e a esperanza, a xustiza e un futuro que libera das pantasmas do pasado.


Na vindeira xuntanza, o 12 de xuño, analizaremos La puerta, novela da autora húngara Magda Szabo.


Boa lectura!

lunes, 24 de abril de 2017

Festexando o Día do libro

O alumnado do Club de Lectura elaborou o material que serviu para decorar o corredor do Centro para conmemorar esa data.






miércoles, 5 de abril de 2017