jueves, 25 de febrero de 2021

5ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

 
“Irene tuvo la impresión de que Clare clavaba sus dientes en la palabra para luego escupirla lejos, y durante otra décima de segundo volvió a sospechar en Clare una calidad emotiva desconocida e incluso repugnante para ella. Experimentó también el vago presagio de un desastre inminente, como si Clare le hubiera dicho, a ella, a Irene, para quien la prudencia y la seguridad lo eran todo: «¡Seguridad! ¡Y a mí qué me importa la seguridad!», y no bromeara.”

Larsen, N.-Claroscuro

O 22 de febreiro conectouse, virtualmente, o grupo Merlín e familia para comentar a lectura da obra de Nella Larsen, Claroscuro. Esta autora formou parte do Renacemento artísrtico de Harlem nos anos vinte do século pasado.

Nella Larsen

Claroscuro, unha das dúas novelas que publicou, narra a historia de amistade e antagonismo entre Irene e Clare.

Destacamos as seguintes reflexión que realizaron algúns membros do noso grupo:

Para Vanesa esta obra invita á reflexión sobre o racismo (“pussing”, ocultación é o título orixinal) e a insatisfacción de non acadar o que cremos que nos fará felices.

Loli sinala o que une ás dúas protagonistas: a búsqueda da seguridade, que ambas anteponen a súa identidade.

Celeste considera que estamos ante unha obra completa que proporciona moitas lecturas.

Cruz define esta obra como meticulosa e intimista, protagonizada por supervivintes na procura da aceptación persoal e social.

Sonia sintetiza o que para ela e o tema central da obra, o racismo, a través deste fragmento:

“Es curioso lo nuestro con los que se hacen pasar por blancos. Por un lado condenamos su actitud y por otro la toleramos, provoca en nosotros desprecio, pero también admiración, nos apartamos con una especie de asco y al mismo tiempo los protegemos.”

A obra de Ledicia Costas, Infamia, será a protagonista da nosa próxima reunión, o 7 de abril.

miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

 Sempre Rosalianos


“Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino.”

 

Este curso, condicionado pola pandemia, Biblioneme conmemora o Día de Rosalíade Castro aproximándonos a súa producción literaria en prosa.

Sara Abelenda Costa, Eva Viaño Vázquez e Ivana Vila Mallo, alumnas de 3º ESO A e membros do grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme, colaboraron na gravación do podcast da Bibloteca en RadioNeme.


Podedes entrar no seguinte enlace para escoitalo:

jueves, 4 de febrero de 2021

Segundo premio do Concurso de Curtas “Senda dos faros"

O IES Monte Neme ven de gañar o segundo premio do Concurso de Curtas “Senda dos faros”, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co proxecto“De naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos Ingleses a Camariñas”.

Coordinado e elaborado polo equipo da biblioteca, este proxecto contou coa participación dos grupos de 3º ESO, do alumnado de INEIN (Investigación e Tratamento da Información, 2º ESO) e do grupo “O monte dos libros” do Club de Lectura. Para levar a cabo esta experiencia, foi fundamental a colaboración dos profesores Jorge Velasco, Diego Carril, Javier Fraga Pose, do alumnado de Música de 1º Bacharelato, do Concello de Camariñas e o apoio entusiasta de Charo Couto, Directora do centro.

Moitas Grazas a tod@s.

Equipo Biblioneme

  (Catalina López Pérez, Mª José Pombo Pose e Pilar Serrano Cela)

 

Enlaces de interese:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33116

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_concursocurtassendadosfaros.pdf

http://animacionlectura.blogspot.com/2020/03/o9-de-marzo-o-equipo-de-biblioneme.html

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X55215/ies-cachada-boiro-ies-monte-neme-carballo-conservatorio-xan-viano-ferrol-ganan

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2021/02/06/ies-monte-neme-premiado-senda-dos-faros/0003_202102C6C10991.htm#