jueves, 4 de febrero de 2021

Segundo premio do Concurso de Curtas “Senda dos faros"

O IES Monte Neme ven de gañar o segundo premio do Concurso de Curtas “Senda dos faros”, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co proxecto“De naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos Ingleses a Camariñas”.

Coordinado e elaborado polo equipo da biblioteca, este proxecto contou coa participación dos grupos de 3º ESO, do alumnado de INEIN (Investigación e Tratamento da Información, 2º ESO) e do grupo “O monte dos libros” do Club de Lectura. Para levar a cabo esta experiencia, foi fundamental a colaboración dos profesores Jorge Velasco, Diego Carril, Javier Fraga Pose, do alumnado de Música de 1º Bacharelato, do Concello de Camariñas e o apoio entusiasta de Charo Couto, Directora do centro.

Moitas Grazas a tod@s.

Equipo Biblioneme

  (Catalina López Pérez, Mª José Pombo Pose e Pilar Serrano Cela)

 

Enlaces de interese:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33116

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_concursocurtassendadosfaros.pdf

http://animacionlectura.blogspot.com/2020/03/o9-de-marzo-o-equipo-de-biblioneme.html

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X55215/ies-cachada-boiro-ies-monte-neme-carballo-conservatorio-xan-viano-ferrol-ganan

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2021/02/06/ies-monte-neme-premiado-senda-dos-faros/0003_202102C6C10991.htm#

No hay comentarios:

Publicar un comentario