miércoles, 23 de febrero de 2022

5ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

 
“A novela fala das pequenas cousas que son capaces de mudar o noso xeito de ver o día a día, de saber poñerse na pel do outro, da capacidade de transformar os lugares que habitamos e, sobre todo, da vontade de mudar as cousas para conseguir os nosos propósitos.”

Andrea Maceiras

https://baiaedicions.gal/editorial/conecemos-un-pouco-mais-a-andrea-maceiras/

A obra de Andrea Maceiras centrará unha gran parte das actividades deste trimestre no CluBiblioneme. Así, o grupo “Merlín e familia”elixiu Nubes de evolución, cuxa análise realizamos o pasado 21 de febreiro.

Atopámonos cunha historia de amor, amizade, sonos, valentía, soidade, fracaso, medo e frío …….

Consideramos moi interesante a maneira na que se relacionan todas as historias narradas en primeira persoa e entrelazadas por casualidades, encontros e esperanzas.

En marzo reunirémonos para Falar da obra de Almudena Grandes.

martes, 22 de febrero de 2022

Día da Radio & Día de Rosalía

 FALAMOS CON ROSALÍA

Este curso en Biblioneme aunamos a conmemoración de dúas datas o Día da Radio (13 de febreiro) e o Día de Rosalía (a partir deste ano a celebración trasládase ao 23 de febreiro, data de nacemento desta insigne poeta).

Un “excepcional experimento” permitiranos coñecer a unha Rosalía de Castro máis persoal. Nesta experiencia participaron activamente Sara Abelenda Costa, Carme Cebey Rega, Tania Juncal Tasende e Eva Viaño Vázquez, alumnas de 4º ESO A, membros do CluBiblioneme, que protagonizaron esta entrevista en RadioNeme.


Podedes escoitar esta actividade no seguinte enderezo:

martes, 1 de febrero de 2022

4ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

 

“Las palabras andan sueltas sin dueño y cualquiera puede con un poco de maña puede apoderárselas para comerciar con ellas… Vender palabras le pareció una alternativa decente”.

Allende, I.- “Dos palabras”, Cuentos de Eva Luna

A lectura de Contos de Eva Luna condúcenos a 23 relatos que fluctúan entre o amor e a violencia hiperbolizados.

Os membros do grupo “Merlín e familia” destacamos a lectura sinxela e pracenteira que proporcionaban estes contos, o coñecemento de diferentes épocas e culturas de América Latina que ofrecen ao lector, ademais de ser un exemplo do realismo máxico, tan importante na producción literaria de Isabel Allende.

Entre os contos máis comentados destacan: “Dos palabras”, “Clarisa”, “María la boba” o “El palacio imaginado”.

O 21 de febreiro comentaremos a obra de Andrea Maceiras, Nubes de evolución.