viernes, 9 de abril de 2021

6ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

O pasado 7 de abril o noso grupo “Merlín e familia” reuniuse para comentar a novela Infamia.

“Con este libro quixen escribir sobre unha desaparición e incidir na dor dos país”

                                                                                             Ledicia Costas

Nesta obra, a primeira de Ledicia Costas para adultos, atopámosnos cunha novela coral, un thriller psicolóxico no que hai moito sufrimento, moita escuridade e nada é o que parece.

Os comentarios, por parte dos membros do grupo, foron moi favorables e interesantes.

Para Celeste estamos ante unha obra entretida, chea de vidas escuras e traumáticas. Espera, ansiosa, unha segunda parte.

A Marga despertoulle emocións e enfados pola realidade que tiveron que vivir a maioría dos personaxes, dos que destaca a Emma.

Loli, Sonia, Gema e Chelo coinciden en que se trata dunha novela negra, policíaca e moi entretida, cun final aberto, na que se describe moi ben o perfil psicolóxico dos personaxes, a súas angustias e remordimentos.

A Vanesa gustoulle moito como escribe Ledicia Costas ainda que considera que en esta obra mestura demasiados temas.

En definitiva, unha lectura moi ben valorada.

O 12 de maio reunirémonos, on line, para homenaxear a Emilia Pardo Bazán coa lectura de El encaje roto. Antología de cuentos de violencia contra las mujeres.

                                                                

miércoles, 7 de abril de 2021

Propostas lectoras para o terceiro trimestre

Grupo “O monte dos libros”

Outras Literaturas

As propostas lectoras do terceiro trimestre para este grupo achegarán @s lector@s a outras literaturas. As xeografías lectoras dos membros do club ampliaranse, descubrirán novas realidades, nov@s autor@s e outras formas de contar historias.

Ø  Kipling, Rudyard.- Contos de así foi

Os relatos de R. Kiplin ofrecerán aos máis novos respostas sobre o mundo animal, con humor e ironía.

https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1446


Ø  Millwood, Kiran.- A rapaza de tinta e estrellas

Ficción, aventuras, misterio e mitoloxía únense nesta entretida obra.

https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1427


Ø  Schami, Rafik.- Un puñado de estrellas

Diario dun rapaz de Damasco que debe abandonar a escola e funda un xornal.


https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1421


Ø  Némirovsky, Irène.- O baile

Antoinette, filla dunha familia de novos ricos, ferida no seu orgullo, buscará venganza no París de principios do século XX.


https://rinoceronte.gal/editora/pf/o-baile/


BOA  LECTURA!!!