jueves, 23 de diciembre de 2021

3ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Propoño ao lector un desprazamento polo tempo, para comprender o que está sucedendo no presente, neste caso hai que viaxar ao pasado para desvelar un segredo arredor de Rosalía de Castro.”

                                                                        Pedro Feijoo

O 20 de decembro reuniuse o grupo “Merlín e familia” co propósito de comentar a obra de Pedro Feijoo, A memoria da choiva.

Todos os membros do grupo coincidimos en que é unha obra moi entretida e que mantén, como boa novela policíaca, a intriga de forma moi efectiva. Mais, a sua orixinalidade establécese polas referencias á literatura (poemas de Rosalía de Castro enviados aos protagonistas) e polas localizacións, nada casuais, en Compostela.

“Aqueles foron anos bárbaros, meu amigo. A brutalidade do Réxime acabara prácticamente con todo o que algún día fora noso, e agora necesitaba apropiarse do pouco que quedase en pé. Rosalía, con todo o que puidese representar, era daqueles poucos símbolos identificadores que aínda permanecían na memoria do pobo, e como tal cumpría apoderarse del. (…)”

                                                      Feijoo,P.- A memoria da choiva

En definitiva, unha obra que dá paso á lectura doutras novelas deste autor.

Xuntarémosnos o vindeiro 1 de xaneiro para falar dos Cuentos de Eva Luna de Isabel Allende.

martes, 21 de diciembre de 2021

Reflexións lectoras: falamos de libros

 O 20 de decembro, os membros do grupo “O monte dos libros” comentaron as lecturas deste trimestre. Aquí tedes algunhas das súas opinións.

Alba, Uxía e Kevin entusiasmáronse coa lectura de Contos para nenos peculiares. Sinalaron que, sendo relatos estranos e marabillosos, esconden moitas verdades.

A memoria dos paxaros foi a obra escollida por Nerea e Uma. Nesta uns fenómenos estranos poñen de relevo a perda dun patrimonio cultural que pertence a tod@s nos.

Adriana e Alba divertíronse coa primeira aventura dos Minimortos. Quen dixo que medo e humor non se poden misturar?

Para Carme, Natalia e Eva as diferentes formas de afrontar os medos interiores é o que destacan da obra Medos de Héctor Carré.