martes, 1 de diciembre de 2020

2ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Os deuses son xusticeiros e as nosas culpas son o máis seguro executor da xustiza.”

                                                    O rei Lear, de William Shakespeare.

O 30 de novembro o grupo “Merlín e familia reuniuse, de forma virtual ata que a situación sanitaria cambie, co propósito de comentar a obra de Shakespeare, O rei Lear.

Cruz, Vanesa e Celeste coincidiron en que estabamos ante unha obra complexa, con tramas paralelas que profundizan na condición humana a través das relacións familiares.

Asi mesmo, Sonia destacou a ausencia de valores morais e para Gema o rei desexa vingar a súa vanidade.

Loly e Chelo incidiron en como se representa a vulnerabilidade do ser humano.

Finalizamos a posta en común coa reflexión de Laura, “Shakespeare é un orfebre dos sentimentos”, que foi secundada pola maioría: debemos reflexionar sobre as expectativas que temos cos nosos fillos.

O 21 de decembro conectarémonos para conmemorar o centenario do pasamento de Galdós. Analizaremos as obras de Galdós elixidas polos membros do grupo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario