viernes, 23 de octubre de 2020

Inicio das actividades do grupo “O Monte dos Libros”

 O luns, 19 de outubro, o grupo “O Monte dos Libros” iniciou as súas actividades.

Este curso os integrantes son:

1º ESO A

Nerea Antelo Benítez

Uma Eirís Ferreiro

Iria Muíño Puente

Kevin Pallas Cebral

1º ESO B

Melisa Pose Vázquez

3º ESO B

Yaiza Gende López

Elisa Lendoiro Pazos

Silvia Varela Docampo

4º ESO A

Jesús Manuel Rey Gómez

4º ESO B

Laura García Balsa

A situación sanitaria provocada pola Covid-19 condicionará as actividades do CluBiblioneme. Así, o teatro, que tan boa acollida ten entre os nosos membros, cambiará de formato. Faremos “RADIO TEATRO”.

Parte do alumnado deste grupo versionará e adaptará, para a súa interpretación radiofónica, a obra de Ledicia Costas, Esmeraldina, a pequeña defunta.


Asimesmo, o resto do grupo realizará unha versión radiofónica da obra O achado do castro, de Manuel Núñez Singala, que interpretará na radio do centro.


As propostas lectoras para o primeiro trimestre, que incluímos na sección “Un terror de lecturas”, son:

-Agra, Agustín.- Trampa de luz


                            -Lovecraft, H. P.- Relatos de terror


                -Pombo Graña, Andrés.- O segredo das burgas

BOAS LECTURAS !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario