Aquí están os nosos membros!
viernes, 30 de septiembre de 2016
jueves, 8 de septiembre de 2016
Benvidos ao novo curso!
Xa estamos de novo aquí, que rápido pasa o verán! Pero sabemos que estabades a desexar volver para retomar as actividades do club de lectura...este ano vimos cargados dunha chea de actividades que seguro seguro vos van a encantar.
Próximamente irémosvos poñendo máis información no blog sobre o noso club que abrirá de novo o próximo mes de outubro....así que estade atentos ao blog!
miércoles, 15 de junio de 2016
Visita David Creus
O profesor de Educación Plástica e Visual do noso Centro, David Creus, aceptou a invitación do CluBiblioneme e asistiu á reunión do pasado luns, 13 de xuño.
David e un creador polifacético, ao seu labor coas Artes Plásticas hai que engadir a súa paixón pola literatura, como creador e lector. Coñecimos algúns do seús autores e obras preferidas (Salinger, Cid Cabido, Bio y Casares...).
As súas preferencias abarcan desde a novela de evolución persoal ata as obras máis surrealistas ou algunhas que transitan entre a realidade e a ficción.
Ademais, obsequiounos con un debuxo que realiza nese intre na biblioteca.
Moitas grazas David!
viernes, 10 de junio de 2016
O pasado 6 de
xuño o Grupo “Merlín e familia” reuniuse para comentar a obra de Sofi Oksanen, Purga.
As diversas opinións
sobre a novela leváronnos a coñecer outra realidade social, política e
cultural. Ademais, outras obras de autores nórdicos suscitaron o interese do
grupo.
Con esta
xuntanza rematamos este curso para o Grupo. A proposta de lectura para o verán
é A Praia dos afogados de D.
Villar. Retomaremos as actividades do Grupo o próximo outubro.
Bo
verán!
Invitación David Creus
O próximo día teremos connosco ao noso profesor de plástica, David Creus.
Xa vos contaremos con que nos sorprende!
lunes, 6 de junio de 2016
Resultado Final!
E aquí tedes o resultado de como quedaron os nosos marcapáxinas, foron unhas sesións moi divertidas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Rematamos os nosos encontros literarios coa lectura de Fahrenheit 451, de Ray Bradbury. Reflexionamos sobre a importancia da Literatura ...
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Desta volta o libro elixido foi O diario de Carlota , de Gemma Lienas. Trátase dun diario no que a protagonista de catorce anos reflexiona,...




