lunes, 9 de marzo de 2020

Pola senda dos faros

O 9 de marzo o Equipo de Biblioneme organizou unha “expedición” para realizar a etapa Cemiterio dos Ingleses - Camariñas, pertencente á Senda dos Faros.

O alumnado participante (grupos de 3º ESO, alumnado 2º ESO que cursa a Materia de Libre Configuración INEIN e o grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme) disfrutou dun percorrido excepcional, no que participaron activamente os profesores Jorge Velasco, organizando o percorrido, e Diego Carril, actuando como o mellor Cicerone local.

Ademais, contamos coa colaboración do Concello de Camariñas. Bernardino Martínez Castiñeira, guía turístico deste concello, informounos dos naufraxios ocorridos na zona, relatounos a historia do Cimiterio dos Ingleses e as peculiaridades da construcción do faro do Cabo Vilán. Así mesmo, coñecemos múltiples anécdotas, recuperamos lendas e descubrimos a fermosa realidade que hai nestas paraxes.
Rematada a nosa ruta, viñeron a saudarnos a Alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua Rial, e a Concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro Pouso.

Dende Biblioneme queremos mostrar o noso agradecemento a tod@s que fixeron posible esta experiencia:
Jorge Velasco, Diego Carril, Javier Fraga Pose, representantes do Concello de Camariñas e alumnado do IES Monte Neme.

Moitas grazas.



jueves, 5 de marzo de 2020

5ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Aqueles vinte e dous pequenos eran xa o material máis delicado transportado nunca ás Américas, e estaban ao seu cargo.

Ese mesmo día comezaron a escribir a Historia.”

Solar, María.- Os nenos da varíola


A fazaña realizada pola Expedición Balmís, a realidade científica e social da época e a figura de Isabel Zendal centraron os comentarios da obra de María Solar, Os nenos da varíola.

Como a primeira enfermeira da Historia en misión internacional, Isabel Zendal é un referente, cuxo traballo e sacrificio queremos destacar neste mes que conmempramos o Día Internacional da Muller.



Na vindeira xuntanza, o 20 de abril, homenaxearemos a figura de Miguel Delibes no centenario do seu nacemento.


miércoles, 4 de marzo de 2020

Somos STEAM

As actividades do segundo trimestre de Club de Lectura estarán vinculadas a contidos STEAM. Investigación, observación, descubrimentos e información formarán parte da temática das obras escollidas para ser comentadas nos grupos do Club.

-Kelly, Jacqueline.- A evolución de Calpurnia Tate


-Fraga, Antonio M.- O bestiario científico de Anxos Nogueirosa


-Paz, Xabier.- Galileo no espello da noite


-Solar, María.- Os nenos da varíola


Ademais, a inclusión, sempre presente nas nosas actividades, se fará máis visible a través da análise da obra de Raquel Palacio, La lección de August.


viernes, 21 de febrero de 2020

Día de Rosalía 2020

Un ano máis Biblioneme compartiu coa Biblioteca Municipal Rego da Balsa a conmemoración do Día de Rosalía.

O alumnado de 2º ESO e do Club de Lectura participou neste acto, cuxa temática se centrou no feminismo de Rosalía de Castro e como aparece plasmado na súa obra: "Rosalía en feminino plural".
Fixeron un percorrido polos escritos desta autora e descubriron a unha muller loitadora e comprometida, cunha ideoloxía avanzada e rompedora, que denuncia as inxustizas que viña sufrindo o pobo galego e, de maneira moi especial, a muller galega.
Moitas grazas ao Equipo da Biblioteca Rego da Balsa pola súa adicación e colaboración e ao alumnado pola súa participación.
                                                 Noraboa!!!


miércoles, 19 de febrero de 2020

4ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


“Mientras se aleja del establecimiento, Sarah piensa en la mujer de la otra punta del mundo, India, que dio sus cabellos, en las trabajadoras sicilianas que los seleccionaron y trataron pacientemente. En la que los unió. Y se dice que el universo trabaja al unísono por su curación. Piensa en la frase del Talmud:”Quien salva una vida salva el mundo entero.”Hoy el mundo entero la salva a ella, y le gustaría darle las gracias.”

Laetitia Colombani.- La trenza 



O 27 de xaneiro xuntámonos para analizar a obra de Laetitia Colombani, La trenza.

Narrada en terceira persoa, esta novela acércanos á historia de tres mulleres loitadoras, de distintas culturas, que evolucionan e se rebelan contra o seu destino.

Aínda que tivemos importantes ausencias no grupo a causa do traballo, enfermidades e compromisos varios, as opinións das asistentes coincidiron na mensaxe de liberdade que tranmiten estas tres historias, que rematan entrelazadas.


Me gustan esas horas solitarias en que mis diez dedos danzan.
Qué extraño ballet, el de mis manos,
mientras escriben la historia de una trenza y unos lazos.
Esta historia que es la mía.
Y, sin embargo, no me pertenece.

Laetitia Colombani.- La trenza







O vindeiro 2 de marzo comentaremos Os nenos da varíola, de María Solar.



jueves, 30 de enero de 2020

Día da Paz e da Non Violencia

O 30 da xaneiro conmemoramos o Día da Paz e da Non Violencia coa lectura, e posterior análise, do álbum Caixa de cartón de Txabi Arnal. A esta actividade asistiu o alumnado de 2º ESO e do Club de Lectura.
O obxectivo desta proposta foi reflectir a necesidade de educar na tolerancia, o respecto e a solidariedade para lograr convivencia en PAZ.




miércoles, 8 de enero de 2020

Representación teatral Nadal 2019

O venres, 20 de decembro, celebrouse, no Salón de Actos do IES Monte Neme, o Festival de Nadal 2019. Neste acto, o grupo "O monte dos libros" do CluBiblioneme representou a obra Supéndese a función.
Queremos agradecer e destacar o traballo realizado por este grupo de xóvenes actores e actrices, que, con entusiasmo, constancia e ledicia, nos ofreceron unha excelente representación.
Noraboa